No niño novo do vento
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!Ten áers de frol recente
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén poidera namorala,
meu amigo!Álvaro Cunqueiro: “Cantiga nova que se chama riveira” (1933)
Deixar unha resposta