Que están lendo… no 1º ciclo da ESO?
O escaravello de ouro e outros contos
Edgar Allan Poe
(2007)
Con sete dos contos máis coñecidos do escritor norteamericano, O escaravello de ouro penetra neses terreos do misterio e das tebras onde Edgar Allan Poe soubo crear maxistralmente unha atmósfera enrarecida e un espírito dominado pola angustia e o terror que tanto caracterizan a súa prosa. Poe, loubado por escritores como Baudelaire, foi un amante da beleza e da perfección, e fixo da súa vida un reflexo da súa obra.
Cita! | Manuel Murguía
“As linguas son verdadeiras bandeiras nacionais: levan as súa propias cores”
Manuel Murguía
Palabra! | morriña
morriña s.f. Sentimento e estado de ánimo melancólico e depresivo, en particular o causado pola nostalxia da terra. Sentía moita morriña no estranxeiro. Nos días de chuvia éntrame a morriña. CF. soidade , señardade .
Ortografía + Galego = OrtoGal
Máis recursos. Este é un corrector ortográfico en liña para o noso idioma que elaborou o Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo. Chámase OrtoGal, e podédelo atopar na dirección sli.uvigo.es/corrector/.
O que todo galego debe saber do portugués. 5
Seguimos coñecendo as principais diferenzas entre o galego e a súa lingua irmá.
Cita! | Daniel Rodríguez Castelao
“Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma”
Daniel Rodríguez Castelao
Festa da lectura, do libro e da palabra 2012
Ata o martes que vén, aquí, en Ferrol, na Praza da Constitución.
Máis información pinchando aquí.
Serán en galego | Abril
O vindeiro mércores é o último mércores do mes, así que toca Café en galego, o noso faladoiro de serán. Celebraremos a
4ª REUNIÓN
o
Mércores 25 de Abril ás 16:15
Animádesvos a participar?
Texto: Traduciendo | Tradución: Traducindo
Aproveitamos para ir poñendo á vosa disposición algúns dos recursos relacionados coa nosa lingua que podedes atopar na rede.
Por exemplo, visitando www.xunta.es/tradutor, daredes cun sistema de tradución automática que vos permitirá traducir textos ou páxinas web completas do castelán ao galego e viceversa.
Algunha dúbida? :)
O que todo galego debe saber do portugués. 4
E chegamos á cuarta entrega:
Estavos resultando interesante?
Cita! | Xaquín Lorenzo, Xocas
[De entre as diferentes citas coas que nos podemos atopar na cabeceira da redeseñada web da RAG, quedo con esta:]
“Non ensinar o galego, senón falar en galego: ese é o gran labor de toda a sociedade”
Xaquín Lorenzo, Xocas
O que todo galego debe saber do portugués. 3
Seguimos coñecendo as principais diferenzas existentes entre o galego e o portugués a través desta serie de episodios do programa Ben falado!
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
E xa que cando vos presentamos o novo Diccionario da Real Academia Galega vos falamos das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aquí volas deixamos, por se lles queredes botar unha ollada:
Comentarios recentes