VI Concurso de Relatos Ilustrados
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca unha nova edición do Concurso de Relatos Ilustrados,que nesta ocasión quere dedicar á memoria de Xabier P. Docampo.
Deixámosvos as bases continuación (preme sobre a imaxe para consultalas en formato PDF):
Os textos a ilustrar para cada categoría, podédelos atopar pinchando na seguinte ligazón.
A Táboa Periódica, tamén en galego
Hoxe, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac, queremos iniciar a celebración do Día da Ciencia en Galego e do que será a Semana da Ciencia en Galego no noso colexio compartindo un vídeo que elaboramos coa axuda de nenas e nenos de todos os cursos. Nel adiantámonos á celebración, o vindeiro ano 2019, do Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos, tal e como o proclamou a Organización das Nacións Unidas.
A Táboa Periódica… tamén en galego. Esperamos que vos guste!
Comentarios recentes