Hora de votar! (I Concurso de cómic en galego)
Xa lle botastes un ollo aos cómics finalistas? Pois se elexistes o voso favorito, podedes emitir o voso voto a continuación. Só tedes que seleccionar o traballo elexido e despois premer Vote. Só estará permitido un voto por cada ordenador, tableta ou móbil conexión.
E se o que queredes é ver cómo van as votacións, abonda con pulsar en View Results. Agora tocaría dicir “que gañe o mellor”… pero é que son todos xeniais!
Finalistas do I Concurso de cómic en galego
Aquí tedes os dez traballos seleccionados finalistas do I Concurso de cómic en galego promovido entre o alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria por este Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Ídelles botando un vistazo, porque a partir do vindeiro luns 27 de abril teredes unha semana para votar polo voso favorito.
Comentarios recentes