Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para Xuño, 2011

Vémonos na praia!

30 de xuño: marchamos de vacacións! Grazas polas 3.299 veces que nos visitástedes dende o 17 de xaneiro!

Volveremos (o 1 de setembro).


Énchete de galego (XI)

Sacade peito!


Énchete de galego (X)

Aínda nos quedan carteis por colgar!


Malas novas

Hoxe soubemos que Galicia Hoxe sae mañá a rúa por derradeira vez. O único diario en galego bota o peche, así que… nunca mellor dito: malas novas.

O primeiro número de Galicia Hoxe publicouse o 17 de Maio (Día das Letras Galegas) de 2003, pero o seu verdadeiro xerme debemos situalo o 6 de Xaneiro de 1994, cando saíu por primeira vez á rúa O Correo Galego, cabeceira da que era herdeira directa.

A nova está a xerar unha gran cantidade de reaccións, especialmente na rede (no momento de escribir estas liñas Galicia Hoxe é Trending Topic en Twitter), lugar onde (ese é o único consolo que nos queda) Galicia Hoxe seguirá sendo fiel a súa cita coa información do noso país a través do sitio www.galiciahoxe.com.


Portas a Dentro… 2011!

Xa está nas vosas mans o último número da nosa revista literaria Portas a Dentro (e xa van, con este, vinte e un). Os rapaces e rapazas da ESO levaron hoxe para a casa, coas notas, os últimos exemplares. Así que, tanto se xa disfrutástedes da versión en papel coma se non, aí vai a versión dixital, en PDF, a toda cor.

O noso agradecemento aos redactores, ao persoal de secretaría e a todos aqueles que, dunha ou outra maneira, colaborastes neste novo número.


O xogo de San Xoán

Que? Preparados para as luminarias? Nós si. :) E por iso, nesta noite de San Xoan, propoñémosvos este divertido xogo:

É moi sinxelo: só tes que adiviñar a palabra agochada, dicindo as letras que cres que ten. Tes 5 oportunidades, antes de que queimen o Meco (por cada letra que non estea na palabra, subirá o lume da fogueira)

Veña, dicide unha letra!


Énchete de galego (IX)

e este no outro.


Énchete de galego (VIII)

Este loce nun dos corredores de Primaria…


Énchete de galego (VII)

Mellores que as Cangreburguers!


Énchete de galego (VI)

ou na superficie…

Énchete de galego!


Énchete de galego (V)

No fondo do mar…


Énchete de galego (IV)

Este témolo colgado no corredor da ESO.


Énchete de galego (III)

Máis carteliños.


Portas a Dentro… 2010

Nestes días os membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac estamos a traballar nun novo número, que fará o 21, da nosa revista literaria Portas a Dentro. Aínda quedan uns días para que poidades disfrutar do mesmo, así que, para que vos entreteñades na espera, aquí vos deixamos o número anterior, editado no verán de 2010.

Pinchade aquí ou na imaxe superior para descargalo.


Palabra! | tirabeque

tirabeque s.m. 1. Variedade de chícharo de casulas moi tenras que se comen cando as sementes aínda son pequenas. Vai por uns paos para poñérllelos ós tirabeques. 2. Casula desa planta. Fixo un guiso de carne con tirabeques.


Énchete de galego (II)

Seguimos colgando carteis. Este colocámolo na porta da biblioteca:

Rico, rico!


Énchete de galego

Énchete de galego. Ese foi o lema deseñado polos rapaces de 1º da ESO (que bonito, Andrea) para promover o uso do galego entre a comunidade educativa do Colexio Lestonnac. Como? Pois a través da elaboración (os rapaces de 4º da ESO tamén participaron) na clase de plástica (grazas, Diego) duns carteis que a semana pasada comezamos a colocar por todo o centro. Irémosvolos colgando aquí tamén.

Este está na entrada do Cole:

Que? Que vos parece? Uns artistas, verdade?


Illa Pedra: a primeira audiodescrición para cegos en galego

Illa Pedra é unha curtametraxe realizada por alumnos do máster de dirección cinematográfica da escola de cine de Londres (LFS) que vén de ser noticia porque se trata do primeiro proxecto audiovisual que inclúe audiodescrición para cegos, é dicir, unha dobraxe para invidentes. A audiodescrición permite que un invidente poida salvar a barreira da imaxe a través da inserción de comentarios nos silencios que deixa a trama, do mesmo modo que as persoas xordas poden salvar a barreira do son a través dos subtítulos.

Preme na imaxe inferior para aprender máis sobre este sistema e sobre o proxecto que o pon en contacto coa nosa lingua (vía agalega.info).


E o ano que vén… Valentín Paz Andrade

Despois de tanta actividade ao redor da figura homenaxeada o Día das Letras Galegas deste ano, xa coñecemos o nome da que o protagonizará o ano que vén: será o escritor e político galeguista Valentín Paz Andrade.

Xa volo iremos presentando… :)


Por que o preguntas?

E falando de deseños… aínda non vos ensinaramos esta fantástica ilustración obra do debuxante Fran Bueno, que nos chegou hai un tempo a través da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Convertida en adhesivo, e acompañada do espazo para a reflexión que podedes atopar na ligazón anterior, sérvenos para tomar consciencia dun dos prexuízos co que máis a miúdo ten que lidiar a nosa lingua.

Ou é que fai falla preguntalo?


Quero esa camiseta!

Algún día vos teremos que falar de Rei Zentolo, a empresa galega famosa polas súas camisetas, pero empezamos por lembrarvos a homenaxe que lle tributaron o ano pasado a Uxío Novoneyra a través deste marabilloso diseño, plasmado nunha camiseta que aínda podedes atopar á venda no seu sitio web.

DO COUREL A COMPOSTELA

Só tein os nosos nomes no censo,
Que astra a nosa suor sin alento se perde na terra.

GALIZA, ¿será a miña xeración quen te salve?
¿Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas?
¡Non, a forza do noso amor non pode ser inútile!

Uxío Novoneyra: Os eidos (1955)

Quero unha! ;)


Cita! | Federico Fellini

“Unha lingua distinta é unha visión distinta da vida.”

"Un linguaggio diverso è una diversa visione della vita."

Federico Fellini