Palabra! | regueifa
regueifa s.f. 1. Molete de pan adornado con ovo, azucre, caramelo, etc., con que se obsequia ós invitados a unha voda e ós veciños dos noivos. A madriña da voda repartiu a regueifa. 2. Disputa dialéctica improvisada e en verso entre os asistentes a unha voda e, por extensión, en calquera outra circunstancia. A regueifa cantárona os homes contra as mulleres. Atopouse na feira co seu antigo mozo e tiveron unha regueifa. 3. Roscón que gañaba a parte que mellor facía a regueifa nunha voda. As gañadoras da regueifa compartírona co resto dos invitados.
Comentarios recentes