Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo do autor

Candeloria 2016

Animádevos a participar!

Candeloria 2015

Podedes consultar as bases aquí.


A literatura popular de tradición oral

Domingo Blanco Pérez, Historia da literatura popular galega (pincha aquí para acceder ao texto completo).

Captura de pantalla 2015-11-12 a la(s) 23.31.22


III Concurso de Poemas Ilustrados

O noso Concurso de Poemas Ilustrados chega á súa 3ª edición. Este ano viaxaremos aos Séculos Escuros, expresando de forma plástica a nosa literatura popular en verso. Podedes consultar as bases na seguinte ligazón.

Captura de pantalla 2015-11-04 a la(s) 23.10.59

Captura de pantalla 2015-11-04 a la(s) 23.11.25


Clasificación final (I Concurso de cómic en galego)

A clasificación final deste I Concurso de cómic en galego foi a seguinte:

1º finalista: número 7 (O destino dos cans)

2º finalista: número 9

3º finalista: número 10 (Os cans non falan)

4º finalista: número 8 (A búsqueda do can)

5º finalista: número 5

6º finalista: número 1

7º finalista: número 6

8º finalista: número 3 (AS FESTAS DAS PROCESIÓNS, AS MELLORES!!)

9º finalista: número 2 (O mundo ao revés) e número 4 (O GRAN FESTÍN)

Grazas a todos pola vosa participación!


Hora de votar! (I Concurso de cómic en galego)

Xa lle botastes un ollo aos cómics finalistas? Pois se elexistes o voso favorito, podedes emitir o voso voto a continuación. Só tedes que seleccionar o traballo elexido e despois premer Vote. Só estará permitido un voto por cada ordenador, tableta ou móbil conexión.

E se o que queredes é ver cómo van as votacións, abonda con pulsar en View Results. Agora tocaría dicir “que gañe o mellor”… pero é que son todos xeniais!


Finalistas do I Concurso de cómic en galego

Aquí tedes os dez traballos seleccionados finalistas do I Concurso de cómic en galego promovido entre o alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria por este Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Ídelles botando un vistazo, porque a partir do vindeiro luns 27 de abril teredes unha semana para votar polo voso favorito.

Número 1

—————

Número 2 (O mundo ao revés)

—————

Número 3 (AS FESTAS DAS PROCESIÓNS, AS MELLORES!!)

—————

Número 4 (O GRAN FESTÍN)

—————

Número 5

 —————

Número 6

 —————

Número 7 (O destino dos cans)

 —————

Número 8 (A búsqueda do can)

—————

Número 9

—————

Número 10 (Os cans non falan)

Grazas pola vosa participación!


Día do Libro 2013

Esperamos que vos collese cun libro (a poder ser en galego) nas mans.

Día do libro


Cita! | Xabier P. DoCampo

“Os contos conteñen a sabiduría toda do mundo.”

Xabier P. DoCampo


Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2013

Coma tódolos anos, hoxe 2 de abril, data de nacemento do escritor dinamarqués Hans Christian Andersen, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Non vos collería sen un nas mans, non? ;)


Hai 15 anos…

nacía en Pontevedra a editorial especializada en literatura infantil e xuvenil Kalandraka.

<<A nosa frase forza é ‘Libros para soñar’>>

Parabéns!


Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)

Este xoves tamén hai teatro en Narón. O colectivo Carrachanacacha (Aturuxo de Melpómene) trae ao auditorio do concello unha peza escrita e dirixida por Leandro Lamas: Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte).

O elenco actoral compóñeno Quique Vázquez, Lorena Montero, Paula Morado e Silvia Casal. A cita, este xoves 20 de Setembro ás 20:30 horas.


E este curso… Roberto Vidal Bolaño

Hoxe, que comezamos un novo curso en secundaria e no noso blogue, aproveitamos para lembrarvos o nome do que será o homenaxeado o Día das Letras Galegas deste vindeiro ano 2013: o dramaturgo compostelá Roberto Vidal Bolaño.

Que teñades todos un bo curso 2012-2013!


Fendendo achas

O curso pasado quedáramos de falarvos de Talabarte, o proxecto musical no que se unen as forzas de tres grandes músicos da nosa escena musical: Quim Farinha (violinista de Berrogüetto), Pedro Pascual (acordeonista de Marful) e Kin García (contrabaixista de Susana Seivane).

No seu disco homónimo proporciónannos momentazos coma este.

Fendendo achas
Talabarte
Talabarte (2011)


Cita! | Proverbio chinés

“Aprender unha lingua é ter unha ventá máis dende a que mirar o mundo”

"学一门语言,就是多一个观察世界的窗户。"

Proverbio chinés


Chámalle “xe”!

Á sección matemática do noso Equipo de Dinamización encantoulle a campaña a prol do galego que vén de lanzar a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas da USC.

As matemáticas contan coa súa propia linguaxe, a linguaxe matemática. Comprendela e saber utilizala é unha das competencias que debedes adquirir nos estudos do grao en Matemáticas. Xunta esta habedes conseguir outra: comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en matemáticas tanto a un público especializado como non especializado.

Daquela, non só comprenderedes o que é senón que seredes quen de comunicárllelo a outras persoas. E para iso utilizaredes linguas naturais; calquera delas, a que mellor se adapte ao voso interlocutor; e que vós coñezades, naturalmente.

Moitos de vós -probablemente, a maioría- atoparedes en Galicia a vosa saída profesional. Outros sairedes ao exterior. Debedes contar coa mellor preparación posible. Aprendede linguas. Mais seguide aprendendo e cultivando tamén a lingua deste país, o galego, para poderdes trasladarlles a beleza das matemáticas aos galegos e galegas.

E a nós, que tamén temos o noso <<xe>> característico,

non nos fai falla facer moitas contas para asinala por completo.


Bonecas

Hoxe traémosvos unha recomendación teatral. O xoves que vén estréase en Narón a obra Bonecas, escrita e dirixida por Jose L. Prieto e protagonizada por Celia González e Paula Morado.

Clara e Rebeca.
Dúas irmás nunha habitación pasan o tempo oscilando entre a comedia e a traxedia.
Son vítimas inconscientes do perigo que corren.
Son bonecas rotas… pero elas non o saben.

A cita é ás 20:30 horas no Pazo da Cultura do concello naronés. E se non vos cadra ben… que saibades que tedes outra oportunidade o venres 14 á mesma hora.


Portas a Dentro 2012

Unha das cousas que nos quedou pendente a finais do curso pasado foi deixarvos o último número da nosa revista literaria Portas a Dentro (nas rúas dende o 22 de xuño) dispoñible para descarga . Se non lle puidéstedes botar unha ollada á versión en papel, aí vos vai a versión dixital, en PDF, a toda cor.

O noso agradecemento aos redactores, ao persoal de secretaría e a todos aqueles que, dunha ou outra maneira, colaborastes neste novo número.


Ir polo vento e volver polo aire (e viceversa)

Se despediamos esta semana con música, tiña que ser a d‘A Roda.

Pousa, pousa
A Roda



Palabra! | axóuxere

s.m.1. Esfera oca de metal ou doutro material, cunha pequena abertura, que leva dentro unha ou varias boliñas e que, ao ser axitada, produce son. Colgoulle un axóuxere no pescozo ao gato. sin. arouxocascabel2. Xoguete que consiste nunha ou máis esferas, xeralmente de plástico, con boliñas no seu interior e unidas a un pequeno mango, que serve para entretemento dos meniños. Non lle quites o axóuxere ao neno, que chora. sin. ruxerruxe.


Fito Domínguez (1946-2012)

A cultura galega sufriu esta semana outra irreparable perda, a do cantante dun dos grupos musicais que máis fixo a prol da normalización da nosa lingua dende a década dos 70: A Roda. Adolfo Domínguez Otero, Fito, faleceu o pasado domingo e tampouco queremos pasar sen dicirlle adeus dende o noso blogue.


Avelino Pousa Antelo (1914-2012)

O pasado 21 de agosto faleceu o presidente da Fundación Castelao e histórico galeguista, Avelino Pousa Antelo. Aínda que xa teñan pasado unhas semanas dende o seu pasamento, non queriamos deixar de adicarlle aquí a homenaxe que sen dúbida merece.


Súmate ao galego (VIII)


Súmate ao galego (VII)


Súmate ao galego (VI)