Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para Maio, 2011

Palabra! | tixola

tixola s.f. Utensilio de cociña metálico, de forma redonda, pouco fondo e con mango longo, no que se friten os alimentos. Colle a tixola e frite unhas patacas. SIN. frixideira, tixela.


Non queremos perdervos

Eladio y los seres queridos é un grupo vigués, liderado por Eladio Santos, que compón principalmente en castelán. Entón por que os traemos ata aquí? Porque o seu último disco, Están ustedes unidos, que veñen de presentar no Primavera Sound barcelonés, garda unha pequena xoia na nosa lingua: a adaptación ao galego do seu tema No quiero perderte, presente no seu anterior traballo.

Preguntado o mes pasado nunha entrevista en El Correo Gallego por se se trataba da súa particular homenaxe ao galego, Eladio Santos respondía:

É un pequeno xesto, pero en realidade era unha canción que xa tiña ese ritmo de pandeirada. Foi para un programa de televisión que quería que fixeramos algo diferente e cando llela enviamos aos produtores, daban por feito que a orixinal era en galego, e aínda souberon hai quince días de que era en castelán. Encántalles que sexa en galego, e aínda que algún amigo de aquí me dixo que lle gustaba máis en castelán, curiosamente, fóra isto non me pasa.

Deixámovola a continuación, nun vídeo realizado durante o seu paso polo recente Festival de Cans.

Non quero perderte
Eladio y los seres queridos
Fesival de Cans (2011)

Sei que hai un tolo moi dentro de min
Toléame sempre
O levo a rastras os días, as noites
E nunca obedece

Sei que hai un tolo moi dentro de min
É unha ameaza
Se o deixo solto ouvéalle aos coches
Non volta para a casa

Mellor será deixalo que quede
Non quero perdelo
Non quero perderte

Sei que hai un tolo moi dentro de min
Que canta cancións
E xa non sei se son eu ou foi el
Quen toma esta decisión

Nunca me deixa e só tira de min
Se quero durmir
No meu corpo pechado
Non ten medo a sufrir

Mellor será deixalo que quede
Non quero perdelo
Non quero perderte

Mellor será deixalo que quede

Podedes escoitala na versión do álbum aquí en Spotify e aquí en Grooveshark.


O galego serve para entendernos

Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa,… apelido: Vázquez, Nogueira, …. e alcume: o Bichoguizo, a Rachaoferro, ….
Puxémoslle nome ás nosas árbores: amieiro, freixo,… e apelidos: Carballa da Rocha, Castiñeiro da Capela,…
Botamos aturuxos, arroutadas,…. e damos colo, apertas, ….
Puxémoslle nome ás froitas: pexego, mazá, ….
Aos arbustos: silva, xesta, ….
Ás nosas herbas: camariña, herba de namorar, …
Ás comidas: grelos, cacheira, …..
Puxémoslle nome aos insectos: vagalume, escornabois, ……
Aos peixes: xouba, ollomol , …. e aos mariscos: vieira, zamburiña,….
Ás nosas praias: de Rodas, A Rapadoira, ….
Ás serras: O Larouco, A Capelada, …
Aos montes: A Zapateira, O Galiñeiro, …
As rochas: Pena Corneira, A Pedra de Avalar, …
Aos ríos: Toxa, Xallas,..
Aos pobos: Soutelo, Peroxa, ….
Aos males: Mal de Ollo, O Arangaño,…
Aos nosos medos: A Santa Compaña, O Negro Meigallo,…
Aos nosos heroes: O Foucellas, Roi Xordo,..
Aos monstros: Sacauntos, Fendetestas, …
As vacas: Marela, Xeitosa, ….
Aos disfraces: Peliqueiro, Boteiro, ..
Aos sentimentos: morriña, agarimo, …
Aos santos: A Franqueira, O Corpiño, ..
Ás nosas festas: A Rapa das Bestas, O Magosto, …
Á musica: os alalás, a chouteira, …….
Aos xogos: a billarda, a porca, ……
Ás partes do corpo: as costas, os xeonllos, ..
Aos paxaros: paporrubio, rula,…
Ao vestido: saia, polaina,…
….e agora veñen que para que serve o galego, pois e obvio, para entendernos.

José Manuel Atanes Limia: Faro de Vigo (21 de Xuño de 2009)


2010

Esta semana celebramos no noso Colexio o Día das Letras Galegas 2011, adicado a Lois Pereiro. Pero… lembrades a que figura se lle adicou o ano pasado? A Uxío Novoneyra.

Lembrádelo?

LETANÍA DE GALICIA

GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hastr’os que calan din  GALICIA
e saben      sabemos

GALICIA da door   chora á forza
GALICIA da tristura    triste á forza
GALICIA do silencio  calada á forza
GALICIA da fame       emigrante á forza
GALICIA vendada     cega á forza
GALICIA tapeada   xorda á forza
GALICIA atrelada   queda á forza

libre pra servir   libre pra servir
libre pra non ser  libre pra non ser
libre pra morrer  libre pra morrer
libre pra fuxir   libre pra fuxir

GALICIA labrega  GALICIA nosa
GALICIA mariñeira  GALICIA nosa
GALICIA obreira  GALICIA nosa
GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda

recóllote da TERRA  estás mui fonda
recóllote do PUEBLO estás n’il toda
recóllote da HISTORIA estás borrosa

recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda non marcou a malla d’argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa

Uxío Novoneyra


Serán en galego | Maio

Chega a última reunión de Serán en galego deste curso. Se formades parte da comunidade educativa do noso Colexio, xa sabedes que nos encantaría contar coa vosa compañía.

E, coma sempre, lembrade que se desexades vir xunto cos vosos fillos, temos preparadas actividades alternativas para eles.


Hai 15 anos…

morreu na Coruña Lois Pereiro.


Feliz cumpreanos, Bob!

Un día coma hoxe, 24 de Maio, pero de 1941, nacía en Duluth, Minnesota Robert Allen Zimmerman, máis coñecido como Bob Dylan.

Vaia dende aquí a nosa felicitación polo seu 70 cumpreanos coa tradución dun dos seus temas máis coñecidos (moi apropiado por certo para os tempos que corren): The Times They Are A-Changin’ (Os tempos están cambiando).

SpotifyGrooveshark

Os tempos están cambiando

The Times They Are A-Changin'

Vide e reunídevos
Vaiades a onde vaiades
E admitide que as augas
Medraron ao voso redor
E aceptade que pronto
Estaredes calados ata os ósos
Se queredes salvar as vosas vidas
Vai ser mellor que empecedes a nadar ou afundiredes coma unha pedra
Porque os tempos están cambiando

Come gather ’round people
Wherever you roam
And admit that the waters
Around you have grown
And accept it that soon
You’ll be drenched to the bone
If your time to you is worth savin’
Then you better start swimmin’ or you’ll sink like a stone
For the times they are a-changin’

Vide escritores e críticos
Que profetizades coas vosas plumas
E mantede os ollos ben abertos
A oportunidade non se volverá presentar
E non faledes demasiado pronto
Porque a roda segue a xirar
E ninguén sabe a quen vai sinalar
Porque o perdedor hoxe vencerá mañá
Porque os tempos están cambiando

Come writers and critics
Who prophesize with your pen
And keep your eyes wide
The chance won’t come again
And don’t speak too soon
For the wheel’s still in spin
And there’s no tellin’ who that it’s namin’
For the loser now will be later to win
For the times they are a-changin’

Vide senadores, congresistas
Por favor, atendede a chamada
Non quededes na porta
Non bloqueedes a entrada
Pois van esmagar
Ao que quede parado
Hai unha batalla fóra e estase enfurecendo
Pronto axitará as vosas fiestras e sacudirá as vosas paredes
Porque os tempos están cambiando

Come senators, congressmen
Please heed the call
Don’t stand in the doorway
Don’t block up the hall
For he that gets hurt
Will be he who has stalled
There’s a battle outside and it is ragin’
It’ll soon shake your windows and rattle your walls
For the times they are a-changin’

Vide pais e nais
De todo o país
E non critiquedes
O que non podedes entender
Os vosos fillos e as vosas fillas
Xa no seguen o voso mandato
O voso camiño está avellentando rapidamente
Por favor, saíde do novo se non podedes botar unha man
Porque os tempos están cambiando

Come mothers and fathers
Throughout the land
And don’t criticize
What you can’t understand
Your sons and your daughters
Are beyond your command
Your old road is rapidly agin’
Please get out of the new one if you can’t lend your hand
For the times they are a-changin’

A liña está trazada
A sorte está botada
O lento hoxe
Será rápido mañá
Ao igual que o presente
Será pasado mañá
A orde estase esvaecendo rapidamente
E os primeiros hoxe serán os últimos mañá
Porque os tempos están cambiando

The line it is drawn
The curse it is cast
The slow one now
Will later be fast
As the present now
Will later be past
The order is rapidly fadin’
And the first one now will later be last
For the times they are a-changin’

Bob Dylan: The Times They Are A-Changin’ (1963)

Feliz cumpreanos, Bob!


Palabra! | fochanca

fochanca s.f. Cavidade no terreo. Meteu o pé nunha fochanca. Están amañando as fochancas da estrada. SIN. focha, foxo.


Palabra! | faltriqueira

faltriqueira s.f. Peto que levaban as mulleres na parte interior da saia, ou ben solto atado á cintura, usado normalmente para garda-los cartos. Tamén se di faldriqueira. Levaba a faltriqueira chea de cartos.


Breve encontro: Lois comiqueiro

Agardando a que chegue xuño para poder desfrutar de Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta na súa totalidade.

Polo momento, Xerais ofrécenos a posibilidade de adiantar a lectura dun dos capítulos desta novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano que se constitúe nunha das aproximacións máis orixinais de cantas levamos visto ao longo deste ano á figura do poeta monfortino.

“Sobrevoabas un día o meu espacio aéreo
rozándome coas plumas levemente
e desaparecías cun rumor minguante
como a visión dun soño
fracasado.”

Lois Pereiro, “(Breve encontro)”

Pinchade aquí ou nas imaxes inferiores para acceder ás 24 páxinas de adianto en formato pdf.


Lois, Lois Pereiro again

Pasou o Día das Letras Galegas, pero nós… seguimos (alomenos ata o martes que vén, cando as celebremos no noso Colexio).

Así que, aproveitando que hoxe 18 de maio cúmprense 31 anos da desaparición de Ian Curtis, imos render unha dobre homenaxe: unha ao cantante de Joy Division e outra a Lois Pereiro, coa traducción ao galego dun dos seus temas favoritos: Love will tear us apart.

Spotify | Grooveshark

O amor hanos esnaquizar

Love will tear us apart

Cando a rutina traba
e as ambicións son escasas
E o resentimento voa alto,
pero as emocións non medran
E cambiamos de dirección
tomando rotas distintas
Entón o amor, o amor hanos esnaquizar outra vez

When the routine bites hard
And ambitions are low
And the resentment rides high,
But emotions won't grow
And we're changing our ways
Taking different roads
Then love, love will tear us apart again

Por que está a habitación tan fría
de costas a ti?
Cheguei en mal momento?
Esgotóusenos o respecto?
Todavía existe esa atracción
que mantivemos ao longo das nosas vidas
O amor, o amor hanos esnaquizar outra vez

Why is the bedroom so cold
Turned away on your side?
Is my timing that flawed,
Our respect run so dry?
Yet theres still this appeal
That we've kept through our lives
Love, love will tear us apart again

Berras en soños
todos os meus erros?
Venme un sabor á boca
a medida que a desesperación toma o control
É algo tan bo
que non volverá funcionar?
Cando o amor, o amor nos esnaquizará outa vez

Do you cry out in your sleep
All my failings exposed?
Get a taste in my mouth
As desperation takes hold
Is it something so good
Just can't function no more?
When love, love will tear us apart again

Joy Division (1980)

A canción atópase entre as que se interpretaron no tributo musical a Lois Pereiro que tivo lugar na compostelá Sala Nasa o pasado 31 de marzo (desta versión tomamos a tradución do estribillo). Engadímola á lista de reproducción loispereiro.mp3 (buscádea en Radio Xavedes!, en Spotify ou en Grooveshark) cos temas favoritos de Lois, baseada nunha lista que Iago Martínez elaborou para o espléndido especial sobre Lois Pereiro que acompañou o domingo pasado ao Xornal de Galicia (non deixedes de botarlle un vistazo aquí) e algunha que outra achega feita por Marcos Calveiro.


Lois Pereiro

Lois Pereiro é TT en Twitter!


Día das Letras Galegas

Hoxe é o Día das Letras Galegas!


Palabra! | enxebre

enxebre adx. 1. Sen máis nada, sen mestura. ¿E logo cóme-la carne enxebre; non botas unhas patacas ou unha pouca verdura? SIN. .Utilizou fertilizante enxebre e houbo queima-la plantación. SIN. puro. 2. Que é característico e propio dun país ou dunha rexión e que non está falseado, deformado ou mesturado con nada alleo. Fala un galego moi enxebre. SIN. castizoCostumes enxebres. CF.auténtico, puro, típico, xenuíno.Estar enxebre. Estar en xaxún. Xa son as once e media e eu aínda estou enxebre. SIN. estar en xebre.


O Vento Lois sopra en Ferrol… e ata en París!

Nesta semana previa ao Día das Letras Galegas, raro é o día no que non haiba algún acto, grande ou pequeno, adicado á lembranza da figura de Lois Pereiro e á difusión da súa obra. Hoxe terá lugar un dotado dun carácter moi especial, posto que se celebrará de forma simultánea (hoxe 12 de maio) en 24! cidades e vilas de toda Galicia, do resto de España e ata de Francia!

Vento Lois, así se chama o evento, componse da lectura dun manifesto (o manifesto loisista, que podedes ler aquí), dunha lectura de poemas do autor monfortino e de textos sobre Lois e para Lois e, para rematar, de música, en vivo… ou gravada. ;)

A relación de localidades? Cerceda, Monforte, Noia, Santiago, Sarria, Bergondo, Gondomar, Carballo, Vigo, Sada, Ribeira, Lalín, Ourense, A Coruña, Betanzos, Bueu, Tui, Arteixo, Cangas, Madrid, Limoges e París!

E cerca de nós, sentiremos o Vento Lois en Ferrol, a través dun acto que terá lugar no Cantón de Molíns e que está organizado polo Ateneo Ferrolán en colaboración co Concello, e en Fene, no Casino de Perlío. A hora de comezo é, en ambos casos, e como na maioría dos actos programados para hoxe, as 8 da tarde.

Animádesvos a participar?

(máis…)


Tres paxariños: 30 anos sen Bob Marley

Un 11 de maio coma hoxe, pero de 1981, falecía toda unha lenda da música: Bob Marley.

Así que, dado que se cumpren 30 anos do pasamento deste xamaicano universal, imos traducir, a modo de homenaxe, a súa mensaxe de esperanza á nosa lingua.

Spotify | Grooveshark

Tres paxariños

Three little birds

“Non te preocupes por nada
Porque cada pequena cousa vai saír ben”
Cantando: “Non te preocupes por nada,
Porque cada pequena cousa vai saír ben”

"Don't worry about a thing,
'Cause every little thing gonna be all right"
Singin': "Don't worry about a thing,
'Cause every little thing gonna be all right"

Levanteime esta mañá,
Sorrín co sol do amencer,
Tres paxariños
Na miña porta
Cantaban dulces cancións
De melodías puras e verdadeiras,
Dicindo: “Esta é a miña mensaxe para ti”

Rise up this mornin',
Smiled with the risin' sun,
Three little birds
Pitch by my doorstep
Singin' sweet songs
Of melodies pure and true,
Sayin': "This is my message to you"

Cantando: “Non te preocupes por nada
Porque cada pequena cousa vai saír ben”
Cantando: “Non te preocupes por nada,
Porque cada pequena cousa vai saír ben”

Singin': "Don't worry about a thing,
'Cause every little thing gonna be all right"
Singin': "Don't worry about a thing,
'Cause every little thing gonna be all right"

Bob Marley: Exodus (1977)


Lois Pereiro metido nun blogue

Outra das cousas que tiñamos pendentes de presentarvos neste mes de maio era o blogue oficial de Lois Pereiro.

Podédelo atopar aquí, en loispereiro.blogaliza.org, e ten de todo: dende vídeos ou fotografías… Ata cousas máis sorprendentes como deseños

manuscritos

ou as colaboracións de Lois Pereiro na Revista Loia.

Unha marabilla, vaia. E ademais… NÓS TAMÉN SAÍMOS!

;)


Lois Pereiro metido nunha bolsa

O sábado fun facer a compra ao Gadis e atopeime con Lois Pereiro metido nunha bolsa.

TRANSMIGRACIÓN

Esta enerxía xa non vai ter fin
non foi creada nin será destruída.
Irá ocupando diferentes vidas,
transformándose en emocións alleas
situadas noutros corpos paralelos,
en simultáneas procesións
sen pausa.

Nun cálido universo apaixonado
voume dosificando con usura,
ata que chegue a hora de voltar,
canso e feliz,
ó punto de partida.

Lois Pereiro: Poesía última de amor e enfermidade (1995)

O mes de maio ten estas cousas. ;)


Dende Redondela a Caranza

Que bonito nos quedou o colexio decorado cos carteis sobre a vida de Lois Pereiro deseñados polo CEIP de Laredo de Chapela (Redondela)!

Unha escolma da súa poesía en palabras.

(máis…)


Falar galego… cantar para a vida

Os nenos e nenas de 1º de primaria do noso colexio participaron hoxe nunha nova edición do Correlingua (a carreira en defensa da lingua galega) na nosa comarca.

Ata Narón foron coa súa canción

Cun sombreiro de palla,
un galego a Narón foi,
para defender a lingua,
cantamos esta canción.

Deixade aos galegos,
deixádeos falar,
que temos dereitos
e gañas de cantar (bis)

e o seu mural.

E que ben o pasaron! :)


Palabra! | comenencia

comenencia s.f. 1. Proveito propio. Se che fixo ese favor é só pola súa comenencia. SIN. intereseANT. desinterese. CF. conveniencia2. Cousa que se fai, que se manda facer ou que se pide, para proveito propio. Chegoume a veciña cunha comenencia. Veño ás comenencias.


As armas da paixón, Pereiro por Pereiro, unha cartografía e cinco poemas

Xa chegou maio! Quedan 14 días para o Día das Letras Galegas, así que vai sendo hora de ir coñecendo máis en profundidade ao homenaxeado deste ano, o poeta Lois Pereiro. Empezamos por As armas da paixón, un marabilloso traballo documental (do que soubemos a través do blogue Caderno de Lingua) realizado polo CPI dos Dices (Rois) e o CPI da Baña (o guión é de Sara Paz e Luís Aldegunde é o editor do mesmo). 15 minutos para saber máis sobre a vida e a obra do poeta monfortino.

Conxuntamente con este traballo, podemos desfrutar doutros tres audiovisuais: Pereiro por Pereiro

, no que é o seu irmán Xosé Manuel Pereiro o que nos fala del, Unha cartografía de Lois Pereiro


, no que o profesor Arturo Casas analiza a súa obra, e Cinco poemas de Lois Pereiro


, unha lectura de poemas a cargo do propio Arturo Casas, Antón Losada, Antón Lopo, Paco Macías e Antón Patiño.

Grazas, compañeiros!


Premios AELG 2011

Xa sabedes que nos gusta estar ao tanto de calquer nova relacionada coa nosa lingua, e como o pasado sábado a Asociación de Escritores en Lingua Galega celebrou a súa Cea das Letras, na que deu a coñecer os galardoados cos Premios AELG 2011, pois hoxe traémosvos a relación de gañadores destes premios que recoñecen as mellores obras editadas (en diversas modalidades) durante o pasado ano.

Así, na categoría de narrativa o gañador foi Manuel Rivas pola súa obra Todo é silencio

, Estremas, de Ana Romaní, foi considerada a mellor obra poética

e, no campo da literatura infantil e xuvenil, o premiado foi Marcos Calveiro, pola súa obra O pintor do sombreiro de malvas (que xa se asomara polo noso blogue hai un tempo).

Tamén foron premiados a obra teatral Flores de Dunsinane, de Manuel Lourenzo

, o ensaio O clamor da rebeldía. Rosalía de castro: ensaio e feminismo, de Pilar García Negro

, e Marga do Val, pola tradución de Randea do alento (da nobel Herta Müller).

A Ramón Nicolás recoñecéuselle a Mellor Traxectoria en Xornalismo Cultural e o blog O levantador de minas, de Alfredo Ferreiro, foi nomeado Mellor Blog Literario. Ademais, a Asemblea de Socios e Socias da AELG premio á Fundación Penzol co premio Institución Cultural e o Premio Cervantes 2006 Antonio Gamoneda fou distinguido como Escritor Galego Universal.

E vos? Lestes xa a algún dos premiados? Pois a que esperades! ;)