Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para Outubro, 2020

Concurso de cabazas Samaín 2020

Remata outubro, comeza novembro e chega a festa do Samaín. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio queremos seguir festexando esta fermosa tradición.

A situación actual impídenos celebrar o noso tradicional concurso de cabazas nas mesmas condicións que en anos anteriores, pero igualmente vos propoñemos que talledes, xunto cos vosos/as fillos/as de Educación Infantil e Primaria, unha caveira nunha cabaza. Non realizaremos a exposición física dos vosos traballos, pero si o faremos de modo virtual, a través deste blog.

Como participar?

  • Tomade dúas fotografías da cabaza tallada: unha da caveira a concurso e outra na que saia o alumno/a ou a familia participante xunto con ela.
  • Enviade un correo electrónico coas 2 fotos á dirección edlglestonnac@gmail.com. Incluíde o nome do alumno/a participante e o seu curso.
  • A data límite para a recepción das vosas fotografías (lembrade: non se recibirán traballos no colexio!) será o venres 30 de outubro.
  • O xurado composto polos membros do EDLG valorará os traballos presentados a fin de premiar á máis orixinal e creativa.

Animádevos a participar!