Mira ti se somos ricos
Navegando por internet ás veces aparecen estas curiosidades. Alomenos eu non a coñecía e polo menos un par das súas frases parécenme perfectos lemas para a defensa da nosa lingua: “Din que temos lingua […] Sácalla pra fóra, non a agoches máis” ou “se a nosa terra é nosa, a nosa fala tamén; mira ti se somos ricos”. Pódese dicir máis alto, pero non máis claro. Non estaría mal como himno do Equipo de Dinamización, eh?
Coa lingua de fóra
Quempallou
Alalá (2007)
Xa levabamos ben tempo
Fodidos por ben de anos
Con aquilo de que había
Que falar o castejanoPero o pobo nunca quixo
Que lle trocaran a fala
Dicindo que a súa é boa
E que a nosa é a malaE que foi que foi, que foi que será
Din que temos lingua, e será verdá?
E será verdá, e será verdá
Sácalla pra fóra, non a agoches máisMoito traballiño deu-e
Que trunfara a razónhe
Pra poder usar a lingua
Que nos sae do corazónheE-aghora que xa podemos
Con liberdade empregala
Non llo falamos ás nenas
Non sexa que saian parvas!Úsana na vila e no Corte Inglés,
Usámola sempre, como ten que ser
Úsaa o tío Xan e o avó Miguel
Usámola todas, úsaa ti taménQue se a nosa terra é nosa
A nosa fala taménhe
Mira ti se somos ricos
Inda qu’algún non s’entere
… e aquí en Spotify (do disco Polo aire (2007)).
Comentarios recentes