Palabra! | esborrallar
esborrallar v.t. 1. Tirar ó chan, botar por terra [un muro, un valado, un noiro e en xeral, calquera construcción ou conxunto de cousas ordenadas]. Esborralloulle os papeis e documentos que tiña na mesa. SIN. ciscar. A enxurrada esborrallou o valado. SIN. derrubar, esboroar. 2. Manchar de borralla. Caeulle o caldeiro da cinsa e esborrallou o chan da cociña. SIN. emborrallar. CF. ciscar. //v.p. 3. Virse abaixo, caer [un muro, valado, un noiro e en xeral, calquera construcción ou conxunto de cousas ordenadas]. Plantaron árbores nas paredes do noiro para evitar que se esborralle. SIN. derrubarse, esboroarse. 4. Mancharse de borralla. Non lle toques ó pote que te esborrallas. SIN. emborrallarse. CF. ciscarse.
Esta entrada foi publicada o 22/09/2011 por Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac. Foi arquivada en Palabras! e foi etiquetada con ciscar, ciscarse, derrubar, derrubarse, emborrallar, emborrallarse, esboroar, esboroarse, esborrallar.
Deixar unha resposta