Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “esborrallar

Eu xavexo, ti xaves, el xave…

Aínda nos quedan por vos traer ao Xavedes! unha morea de recursos relacionados coa nosa lingua. Este chegou onte aos nosos oídos.

Trátase dun conxugador de verbos en galego, unha ferramenta coa que poderedes comprobar se estades a conxugar correctamente ese verbo que vos plantexa dúbidas. O seu nome é Cilenis e para acceder a el, simplemente tedes que visitar a páxina conxugador.cilenis.com

Só tedes que introducir no cadro de búsqueda o infinitivo do verbo que queredes conxugar (se queredes restrinxilo aos verbos presentes no Vocabulario ortográfico da Lingua Galega da RAG (VOLG) podedes facelo marcando a pestana correspondente) e premer o botón correspondente.

Fagamos unha proba para que vexades o resultado. Imos conxugar o verbo esborrallar:

Útil, verdade? Pois veña… conxugando (xerundio do verbo conxugar, non? ;) ).


Palabra! | esborrallar

esborrallar v.t. 1. Tirar ó chan, botar por terra [un muro, un valado, un noiro e en xeral, calquera construcción ou conxunto de cousas ordenadas]. Esborralloulle os papeis e documentos que tiña na mesa. SIN. ciscar. A enxurrada esborrallou o valado. SIN. derrubar, esboroar. 2. Manchar de borralla. Caeulle o caldeiro da cinsa e esborrallou o chan da cociña. SIN. emborrallarCF. ciscar. //v.p. 3. Virse abaixo, caer [un muro, valado, un noiro e en xeral, calquera construcción ou conxunto de cousas ordenadas]. Plantaron árbores nas paredes do noiro para evitar que se esborralle. SIN. derrubarse, esboroarse. 4. Mancharse de borralla. Non lle toques ó pote que te esborrallas. SIN. emborrallarseCF. ciscarse.