Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 21/09/2011

Da fala que se perde

E xa que o outro día andabamos a voltas cos ditos, hoxe recuperamos un artigo publicado a finais de febreiro en La Voz de Galicia. Está extraído da sección Ferrol, Ferrol, onde eu nacín, que tódolos domingos nos trae o humorista gráfico Siro (podédela atopar na contraportada do caderniño local).

Leva por título Da fala que se perde, e nel cóntanos que:

Son moitas as palabras e expresións -algunhas típicamente ferrolás […] – que van desaparecendo da fala coloquial.

, para a continuación facer un pequeno percorrido por algunha delas. Pinchade aquí para acceder ao artigo completo.

E vos, seguides a empregar algunha delas?