Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 23/09/2011

O último (que non o derradeiro) de The Homens

Hoxe é día de despedidas, aínda que vos imos falar dunha que non o é tanto, posto que non é definitiva.

A estas horas estase a celebrar no Cine Alovi de As Pontes o que será o último concerto dunha banda que durante os últimos sete anos se empeñou en demostrar (con éxito) que o galego é idioma para o power pop: os composteláns The Homens.

E é que o cuarteto viuse obrigado a facer unha paréntese na súa traxectoria. Como eles mesmos explican no seu blogue:

concerto que The Homens daremos en As Pontes (Cine Alovi, 21.00 horas) o próximo venres 23 vai ser especial por varias razóns. Por un lado, será a primeira vez que toquemos na vila natal do noso batería, ilustre pontés e encargado da pirotecnia na romaría da Esfarrapa; para celebralo, faremos un programa ‘medio-medio’, coma os vermús dos profesionais, comezando cunminiset acústico e acabando en eléctrico desbocado.

Por outra parte, o bolo das Pontes vai ser o último que deamos nunha boa temporada. Xocas marcha un tempo para a emigración, así que o resto dos Homens pasaremos á clandestinidade e aproveitaremos para facer outras cousas, escribir cancións novas, engomar, sobrevivir, contribuír á revolución e reflexionar sobre a pesca da troita en América.

Gracias por todo. Seguiremos informando.

Así que dende Xavedes! decímoslles ata logo (adeus non!) botándolle un vistazo ao seu celebérrimo vídeo Calamar.

Calamar
The Homens
Tres (2007)

!