Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 06/09/2011

Durante o verán (I)

Comezamos o repaso dalgunhas novas relacionadas coa nosa lingua que aínda non comentamos no noso blogue, posto que se produciron mentres descansabamos.

Unha delas, ben triste, é a desaparición da versión impresa do Xornal de Galicia, o único diario que quedaba nos quioscos no que o galego tiña un papel protagonista (resiste, polo menos, o gratuíto De Luns a Venres).

Iso si, como nos din na súa última portada, Xornal de Galicia non desaparece por completo, posto que segue vivo na rede, alí onde comezou a súa andaina hai xa case 13 anos.

Haberá que facerlles unha visita, non si?