Inktober 2019: Debuxando coa lingua
Onte, 1 de outubro, púxose en marcha na rede social Twitter un fermoso reto que xunta a afección polo debuxo co amor pola nosa lingua.
Pero, antes de nada… sabedes o que é o Inktober?
Cada mes outubro, miles de artistas de todo o mundo únense a un desafío consistente en realizar un debuxo ao día ao longo de todo o mes. Un debuxo para cada día de outubro. Non é necesario ser un debuxante experimentado, só ter gana de debuxar.
Pois ben, a experiencia que nos propón a conta de Twitter @GZvisual consiste en unirnos a este Inktober 2019 realizando cada día un debuxo inspirado na palabra do día do Portal das Palabras, a iniciativa léxica da RAG e a Fundación Barrié.
Pero mellor que volo expliquen dende a propia conta:
Hoxe comeza outubro de tinta, #Inktober2019! Desde @GZvisual propoñémosvos unirvos a este reto dándolle unha voltiña, aproveitando o labor do @PortalPalabras. Collemos a palabra do día e… a debuxar! Máis info aquí ⬇️ pic.twitter.com/Ap9A6BQQ8J
— GZvisual (@GZvisual) October 1, 2019
Buscamos a palabra do día no Portal das Palabras (a do día 1 foi castrexa, podedes comprobar no seu perfil o xogo que deu). A de hoxe, día 2, é fluvial. Que vos suxire?
Atrevédesvos* a debuxar… coa lingua?
[Está beeen… podedes empregar rotuladores… ;)]
*Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac queremos alentar ao noso alumnado a participar neste outubro de tinta. A graza está en que amosedes os vosos debuxos, así que se vos animades e non tedes conta en Twitter coa que compartilo (lembrade etiquetalos!), podedes entregarlle os vosos debuxos a algún membro do Equipo para que o publiquemos nós a través da nosa conta @xavedes.
Palabra! | axóuxere
s.m.1. Esfera oca de metal ou doutro material, cunha pequena abertura, que leva dentro unha ou varias boliñas e que, ao ser axitada, produce son. Colgoulle un axóuxere no pescozo ao gato. sin. arouxo, cascabel. 2. Xoguete que consiste nunha ou máis esferas, xeralmente de plástico, con boliñas no seu interior e unidas a un pequeno mango, que serve para entretemento dos meniños. Non lle quites o axóuxere ao neno, que chora. sin. ruxerruxe.
Palabra! | morriña
morriña s.f. Sentimento e estado de ánimo melancólico e depresivo, en particular o causado pola nostalxia da terra. Sentía moita morriña no estranxeiro. Nos días de chuvia éntrame a morriña. CF. soidade , señardade .
Palabra! | fechadura
fechadura s.f. Mecanismo de metal que se pon en portas, tapas, etc., para cerralas, e que normalmente se acciona cunha chave. Ponlle unha fechadura ó caixón se non queres que cho abran. SIN. cerradura, pechadura. CF. fecho, ferrollo, peche, pecho.
Palabra! | verme
verme s.m. 1. Animal de corpo brando e alongado, formado por aneis e sen patas, que anda arrastrándose. Algúns vermes coma as miñocas úsanse para pescar. SIN. bechoco, coco2, ronco. 2. Calquera animal que teña o corpo da mesma forma, especialmente as eirugas dos insectos. A mazá tiña un verme. s Verme da seda. Nome da larva dun insecto que produce unha substancia coa que, unha vez tratada, se fai un fío e un tecido moi fino.
Palabra! | bágoa
bágoa s.f. Gota do líquido transparente que segregan as glándulas lacrimais e que se desprende do ollo a causa dunha irritación ou dunha emoción. Enchéronselle os ollos de bágoas. SIN. bagulla,lágrima.
Palabra! | congostra
congostra s.f. Camiño de carros estreito e profundo, que discorre xeralmente entre valos, cómaros ou outras elevacións do terreo. Había que mete-lo carro de bois por unha congostra para chegar á leira. SIN. corga, corgo, corredoira.
Palabra! | asubío
asubíos.m. 1. Son agudo que se produce ó pasa-lo aire por unha abertura estreita, como a dun chifre, ou a da boca cos labios case cerrados. Oíanse uns asubíos ó lonxe. Despediron a súa actuación con asubíos. 2. Pequeno instrumento que serve para asubiar. Merqueille un asubío ó neno. SIN. chifre, pito1.
Palabra! | vagalume
vagalume s.m. Insecto da orde dos coleópteros, do que a femia se asemella a un verme por carecer de ás e élitros e por ter o abdome de forma alongada formado por aneis que emiten luz na escuridade. Nas noites de verán cantan os grilos e vense moitos vagalumes. SIN. lucecú, vella.
Palabra! | embigo
embigo s.m. Cicatriz arredondada que teñen os mamíferos no medio do ventre, como resto do cordón umbilical. Ten o embigo un pouco saído para fóra.
Palabra! | orballo
orballo s.m. 1. Chuvia fina e compacta. O orballo vai mollando pouquiño a pouco. SIN. babuña,babuxa, chuvisca, poalla, zarzallo. 2. Humidade do aire que, co frío da noite se condensa e se deposita en pingas pequenas. Ó amencer, as plantas estaban cubertas de orballo. SIN. resío,rosada.
Palabra! | tirabeque
tirabeque s.m. 1. Variedade de chícharo de casulas moi tenras que se comen cando as sementes aínda son pequenas. Vai por uns paos para poñérllelos ós tirabeques. 2. Casula desa planta. Fixo un guiso de carne con tirabeques.
Palabra! | tixola
tixola s.f. Utensilio de cociña metálico, de forma redonda, pouco fondo e con mango longo, no que se friten os alimentos. Colle a tixola e frite unhas patacas. SIN. frixideira, tixela.
Palabra! | fochanca
fochanca s.f. Cavidade no terreo. Meteu o pé nunha fochanca. Están amañando as fochancas da estrada. SIN. focha, foxo.
Palabra! | faltriqueira
faltriqueira s.f. Peto que levaban as mulleres na parte interior da saia, ou ben solto atado á cintura, usado normalmente para garda-los cartos. Tamén se di faldriqueira. Levaba a faltriqueira chea de cartos.
Palabra! | enxebre
enxebre adx. 1. Sen máis nada, sen mestura. ¿E logo cóme-la carne enxebre; non botas unhas patacas ou unha pouca verdura? SIN. só.Utilizou fertilizante enxebre e houbo queima-la plantación. SIN. puro. 2. Que é característico e propio dun país ou dunha rexión e que non está falseado, deformado ou mesturado con nada alleo. Fala un galego moi enxebre. SIN. castizo. Costumes enxebres. CF.auténtico, puro, típico, xenuíno.s Estar enxebre. Estar en xaxún. Xa son as once e media e eu aínda estou enxebre. SIN. estar en xebre.
Palabra! | comenencia
comenencia s.f. 1. Proveito propio. Se che fixo ese favor é só pola súa comenencia. SIN. interese. ANT. desinterese. CF. conveniencia. 2. Cousa que se fai, que se manda facer ou que se pide, para proveito propio. Chegoume a veciña cunha comenencia. Veño ás comenencias.
Palabra! | faragulla
faragulla s.f. 1. Anaco moi pequeno que se solta do pan ou doutros alimentos feitos con fariña, como as galletas ou os doces. Que non che caian faragullas ó chan, que despois hai que varrelas. 2. prop. e fig. Por ext., porción pequena de algo que se esnaquiza, por exemplo, pedra, vidro ou algo similar. Tirou co prato ó chan e del só quedaron as faragullas. Se non actúas como eles queren, fante faragullas. u SIN. frangulla, miga, migalla.
Palabra! | axexo
axexo s.m. 1. Acto de axexar. Detiveron os ladróns gracias ó axexo dos veciños. SIN. esculca, espreita. 2. Tempo de pesca que vai desde o solpor ata que se fai noite. Hoxe imos ir coas redes ó axexo. s Ó axexo. loc. adv. Vixiando sen ser visto. Alí estiveron ó axexo ata que entrou o xefe da banda. SIN. á esculca, á espreita. u SIN. asexo.
Palabra! | regueifa
regueifa s.f. 1. Molete de pan adornado con ovo, azucre, caramelo, etc., con que se obsequia ós invitados a unha voda e ós veciños dos noivos. A madriña da voda repartiu a regueifa. 2. Disputa dialéctica improvisada e en verso entre os asistentes a unha voda e, por extensión, en calquera outra circunstancia. A regueifa cantárona os homes contra as mulleres. Atopouse na feira co seu antigo mozo e tiveron unha regueifa. 3. Roscón que gañaba a parte que mellor facía a regueifa nunha voda. As gañadoras da regueifa compartírona co resto dos invitados.
Palabra! | curruncho
curruncho s.m. Sitio apartado, máis ou menos pequeno e oculto, dentro dun espacio maior. Anda deixando as cousas por tódolos currunchos da casa. SIN. cornecho, curro, recanto, recuncho. CF. canto4.
Palabra! | abofé
abofé adv. Certamente, de verdade, de veras, de certo, sen dúbida. Abofé que fixen o que podía; abofé que si. SIN. a fe.
Comentarios recentes