Día das Rosalías 2023
Neste 23 de febreiro,día de nacemento de Rosalía de Castro, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac queremos celebrar non só á autora galega máis universal, senón tamén a todas esas outras Rosalías, a todas esas outras narradoras, poetas, dramaturgas… que loitaron, loitan e loitarán pola lingua galega, convertendo así este Día de Rosalía no noso Día das Rosalías.
Este 2023 queremos homenaxear a figura da poeta Xohana Torres Fernández.
Candeloria 2023
Animádevos a participar!

Podedes consultar as bases premendo sobre a imaxe ou aquí, mentres que aquí poderedes atopar algunha información adicional sobre as temáticas admitidas e a entrega física dos traballos.
X Concurso de Poemas Ilustrados
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca unha nova edición do Concurso de Poemas e Relatos Ilustrados, que nesta ocasión quere dedicar á memoria de Florencio Delgado Gurriarán.
Premede sobre a imaxe para consultar as bases en formato PDF:

Os textos a ilustrar para cada categoría podédelos atopar na seguinte ligazón.
Concurso de cabazas Samaín 2022
Vai rematando o mes de outubro e chega… a festa do Samaín! Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio queremos seguir festexando esta fermosa tradición.
Este ano (por fin!) podemos recuperar a nosa habitual exposición de cabazas, así que nada nos gustaría más que, se vos é posible, participedes tallando, xunto cos vosos fillos e fillas de Educación Infantil e Primaria, as tradicionais caveiras desta festa. E como nos gusta que o voso traballo teña premio, convocaremos, como en anos anteriores, o noso Concurso de cabazas. Un xurado, composto polos membros do EDLG e o resto do profesorado, decidirá cal é a máis orixinal e creativa de todas. Podedes traelas a partir do martes 25 de outubro (dádevos présa se queredes que participen no concurso!). Seguro que nolo poñedes difícil para decidir a gañadora!

Portas aDentro 2022
O noso resumo deste curso 2021/2022: o número XXXII da nosa revista.

Podedes descargala aquí ou premendo sobre a imaxe.
Certame Literario Letras Galegas 2022
As nosas letras necesitan de novos autores. Animádevos a participar!

Podedes consultar as bases aquí.
E que manda o Meco para o venres?
Algo gracioso na cabeza, as roupas suxeitas con tirantes, cinto, lazada ou cordel, calcetíns e camiseta coas túas mensaxes por riba da roupa e…

Que manda o Meco para o xoves?
Calcetíns por riba da roupa, algo gracioso na cabeza, as roupas suxeitas con tirantes, cinto, lazada ou cordel e…

Chegou o Meco!
Se queres o entroido gozar… ao Meco terás que escoitar!

O luns, o Meco berrou:
Por riba das calzas,
lucirás os calcetíns!!!
Mais o Entorilo,
que tiña frío,
levounos consigo!
Madia leva! Así calquera!
IX Concurso de Relatos Ilustrados
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca unha nova edición do Concurso de Poemas e Relatos Ilustrados, que nesta ocasión quere dedicar á memoria de Xela Arias.
Premede sobre a imaxe para consultar as bases en formato PDF:

Os textos a ilustrar para cada categoría podédelos atopar na seguinte ligazón.
Concurso de cabazas Samaín 2021
Co remate do mes de outubro chega… a festa do Samaín!, e dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio queremos seguir festexando esta fermosa tradición.
Aínda non nos é posible celebrar nas mesmas condicións que en anos anteriores o noso Concurso de cabazas, pero igualmente nos gustaría propoñerlles ás familias de Educación Infantil e Primaria que animen e axuden aos seus fillos/as a tallar a tradicional caveira. A exposición dos traballos non se realizará de xeito físico, pero si de modo virtual a través deste blog.
Como participar?
- Tomade dúas fotografías da cabaza tallada: unha da caveira a concurso e outra na que saia o alumno/a ou a familia participante xunto con ela.
- Enviade un correo electrónico coas 2 fotos á dirección dinamizacion@lestonnacferrol.com. Incluíde o nome do alumno/a participante e o seu curso.
- A data límite para a recepción das vosas fotografías (lembrade que non se recibirán traballos no colexio!) será o martes 2 de novembro.
- O xurado, composto polos membros do EDLG, valorará os traballos presentados a fin de premiar a máis orixinal e creativa.
Certame Literario Letras Galegas 2021
As nosas letras necesitan de novos escritores. Animádevos a participar!

Podedes consultar as bases aquí.
Día de Rosalía 2021
Nun día coma hoxe, un 24 de febreiro do ano 1837, nacía a figura máis senlleira e universal da literatura galega de todos os tempos: Rosalía de Castro.
Nós queremos conmemorar o Día de Rosalía lembrando o poema “¡Pra a Habana!” do seu libro Follas Novas. “¡Pra a Habana!” é un poema que se insire dentro do apartado “As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos” no que, a través de 31 poemas, Rosalía plasma a súa lírica máis solidaria.
A autora céntrase no fenómeno da emigración e nas causas que o provocan (excesivos impostos, atraso económico, abusos dos poderosos, fames…). Vaino facer sobre todo desde a solidariedade, a admiración e a identificación coas mulleres campesiñas galegas do seu tempo, como grupo máis representativo do pobo, condenadas a vivir en soidade, valéndose por si mesmas, criando en solitario os fillos, con dobre xornada de traballo (no campo e máis na casa).
Ademais, o EDLG quere aproveitar esta data tan especial, para anunciar os gañadores do XX Certame de Cartas de Amor Candeloria 2021:
Pena de non poder estar convosco para darlles un forte aplauso aos gañadores, pero esperamos que os vosos se escoiten ben alto dende as vosas aulas.
Feliz día de Rosalía e moito SENTIDIÑO!!!
E o venres?
Calcetíns por riba da roupa, camiseta de flores ou mandil a colores, algo ao pescozo, zapatos de diferente par, ben saia escocesa, ben tutú, ben bañador, ben bermuda e…

O venres, mira ti que ben!
ao Meco xa todo…
tanto lle ten!
Vistas o que vistas,
ti sempre vas ben!!
O Meco vaite animar e…
o Entorilo…
vaino axudar!!!
Que manda o Meco para o xoves?
Calcetíns por riba da roupa, camiseta de flores ou mandil a colores, algo ao pescozo, zapatos de diferente par e…

O xoves, por riba da roupa,
habemos poñer
ben saia escocesa,
ben tutú cal princesa,
ben bañador para a feira
ou ben… bermuda surfeira.
Ímonos mover
e lucir ben
a cadeira…
Que ordena o Meco para o mércores?
Que manda o Meco engadir aos calcetíns por riba da roupa e á camiseta de flores ou ao mandil a colores?

O mércores,
para ao Meco agradar,
ao pescozo algo vas suxeitar
e, nos pés, deberás calzar
zapatos de diferente par.
Camiña, camiña…
o entroido xa vén axiña!
Que manda o Meco para o martes?
Que ordena o Meco engadir aos calcetíns por riba da roupa?

O martes, a escoller,
por riba da roupa…
camiseta de flores
ou mandil a colores.
Aínda que nós podamos rir,
ti… poderás elixir!
Chegou o Meco!
Se queres o entroido gozar… ao Meco terás que escoitar!

O luns,
por riba da roupa,
a non tardar,
os teus calcetíns
deberás ensinar!
Elixe tamaño…
elixe colores…
Xa se ve,
os teus son os mellores!!!
Comentarios recentes