Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 29/09/2011

Bos versos nunha boa voz

Resulta canto menos curioso e sempre agradable escoitar unha nova versión dos versos de Rosalía de Castro na bonita voz dunha das figuras da canción folk. Todo un descubrimento, non si?

Adiós ríos, adiós fontes
Joan Baez
Vigo (2010)

[…]

Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,

prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,

muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,

amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
caminiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!

[…]