Día de Rosalía 2021
Nun día coma hoxe, un 24 de febreiro do ano 1837, nacía a figura máis senlleira e universal da literatura galega de todos os tempos: Rosalía de Castro.
Nós queremos conmemorar o Día de Rosalía lembrando o poema “¡Pra a Habana!” do seu libro Follas Novas. “¡Pra a Habana!” é un poema que se insire dentro do apartado “As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos” no que, a través de 31 poemas, Rosalía plasma a súa lírica máis solidaria.
A autora céntrase no fenómeno da emigración e nas causas que o provocan (excesivos impostos, atraso económico, abusos dos poderosos, fames…). Vaino facer sobre todo desde a solidariedade, a admiración e a identificación coas mulleres campesiñas galegas do seu tempo, como grupo máis representativo do pobo, condenadas a vivir en soidade, valéndose por si mesmas, criando en solitario os fillos, con dobre xornada de traballo (no campo e máis na casa).
Ademais, o EDLG quere aproveitar esta data tan especial, para anunciar os gañadores do XX Certame de Cartas de Amor Candeloria 2021:
Pena de non poder estar convosco para darlles un forte aplauso aos gañadores, pero esperamos que os vosos se escoiten ben alto dende as vosas aulas.
Feliz día de Rosalía e moito SENTIDIÑO!!!
Deixar unha resposta