Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “xosé manuel vega

Lingua de Reis Lingua do Pobo

Historias de Galicia é unha serie documental que foi emitida pola Televisión de Galicia entre os anos 2007 e 2009. Dirixida por Xosé Manuel Vega e presentada por Xosé Barato, o seu obxectivo era a divulgación dos feitos que configuraron ao longo dos séculos a realidade (material, económica, política, social, cultural…) galega.

A temática do capítulo que vos achegamos a continuación atópase especialmente relacionada coa do noso blogue. Trátase dun percorrido pola historia do idioma galego dende a Idade Media, tempo no que o galego era lingua de prestixio, pasando polos Séculos Escuros e o Rexurdimento e ata hoxe, no que o galego é, co castelán, lingua oficial de Galicia.

Por certo, se queredes saber máis sobre as Historias de Galicia, na páxina web da CRTVG poderedes atopar o resto de documentais.