#untwitporXornal
#untwitporXornal é TT en Twitter! O hashtag, que berra contra a desaparición de Xornal.com, leva horas situado entre os temas do momento en España.
Nós xa fixemos a nosa aportación:
E vós? Xa escribístedes #untwitporXornal?
Nin Xornal nin .com
Vaia racha levamos! Hai uns días comentabamos como nos sorprendera en plenas vacacións a noticia do peche da edición impresa de Xornal de Galicia e animábamosvos a seguir visitando a súa edición dixital. Onte quedabamos coa boca aberta ao coñecer que Xornal.com tamén botará, en breve, o peche.
Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, Xornal.com… o dito: vaia racha levamos!
Comentarios recentes