Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “xavedes!

10.000 xavístedes!

Onte, o noso contador alcanzou a cifra de 10.000 visitas.

Ao mellor sonvos poucas, pero a nós parécennos unha barbaridade! E é que cando empezamos a nosa andaina na rede o 17 de xaneiro do ano pasado, non pensabamos ter chegado a tantos sitios nin coñecido a tanta xente.

Querémosvos dar as grazas a todos os que algunha vez vos pasástedes por aquí, fose para coñecer as novas do noso colexio, para repasar a actualidade da nosa lingua, para escoitar un pouco de música, para…

E lembrarvos que podedes interacturar con nós nas redes sociais. Os de Xavedes! estamos en Facebook,

en Twitter,

en Latri.ca

e en Cabozo.


Cumprimos un ano!

a todos!


Xafeisbuqueamos!

Xavedes! está no Facebook!

Pinchade na imaxe superior, no atallo da barra lateral

ou aquí para acceder á páxina de Xavedes! e, unha vez alí, pinchade no botón de Gústame

para seguirnos a través da vosa conta no Facebook.


Xatuiteamos!

Xavedes! está en Twitter!

Podédesnos seguir en twitter.com/xavedes


Xavemos!

Pois iso, que, despois dunha semana en funcionamento (poderíamos dicir que en probas), chegou o momento de darnos a coñecer ao mundo.

Hoxe as familias recibístedes unha circular na que se vos informa da nosa existencia e, en breve, disporedes dunha ligazón ao blogue dende a páxina web do Colexio.

Así que, agora que xa nos coñecedes, esperamos vervos (e lervos) por aquí.


Ola!

Benvidos a Xavedes!, o blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac.