Festival 2012!
Como todos saberedes, a semana pasada celebramos o noso Festival das Letras Galegas no Colexio Lestonnac. Agora xa tedes á vosa disposición na páxina web do cole unha fotogalería coas instantáneas dese día. Pinchade aquí ou na imaxe inferior se queredes velas.
Grazas a todos os que colaborástedes. Ás rapazas do equipo, que exerceron de presentadoras do acto,
aos pequechos do cole, que nos axudaron a coñecer mellor a figura de Valentín Paz Andrade,
aos rapaces e rapazas de 1º B da ESO (que actorazos!),
aos nosos músicos,
a Mucha e Nucha (que nivel! ;) ),
aos maiores do Centro de Día de Caranza, que interpretaron unha canción co Corecho (grazas tamén!),
colaboraron na entrega dos premios do certame literario
e nos trouxeron un precioso regalo,
e, como non, a Óscar. O seu monólogo foi… olímpico! :D
50 carteis
Outra interesantísima iniciativa que se levou a cabo co gallo do 50 aniversario do Día das Letras Galegas foi o caderno que o diario Faro de Vigo publicou o 17 de maio. Un caderno que fai un percorrido polas figuras homenaxeadas ao longo destes cincuenta anos a través dunha serie de 50 carteis realizados por cadanseu deseñador, carteis que van acompañados dun breve texto obra dun escritor galego da actualidade. A modo de exemplo, aquí tedes o correspondente ao homenaxeado deste ano.
Se pinchades aquí, podedes descargalo ao completo. Facédeo, que paga a pena botarlle un vistazo. [Ademais, dende esta nova da páxina web da Real Academia Galega, podedes descargalos individualmente]
Cando ti volvas…
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare…Galiza, 1954
Valentín Paz-Andrade: “Pranto matricial” (1955)
Compromiso con Galicia
E como o Día das Letras Galegas está a punto de chegar, propoñémosvos coñecer un pouco mellor a figura do homenaxeado deste ano, Valentín Paz Andrade, a través do documental Compromiso con Galicia, realizado polo CPI dos Dices.
Valentín Paz-Andrade para nenos
Presentámosvos unha novidade editorial ben interesante, sobre todo de cara ao vindeiro Día das Letras Galegas. Xerais vén de editar, a través da sua colección orientada ao público máis novo, Merlín, unha biografía do homenaxeado deste ano, Valentín Paz-Andrade. A vida e deste avogado, empresario, especialista en temas pesqueiros, político, poeta, xornalista… contada de forma amena… pero detallada. E por se fose pouco, unha pequena antoloxía dos seus textos completa este imprescindible volume.
Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía
Charo Portela Yáñez
Xerais (2012)
valentinpazandrade.es
Catro meses faltan para que chegue o Día das Letras Galegas deste 2012, así que por que non ir aprendendo algo sobre a figura do homenaxeado: o pontevedrés Valentín Paz-Andrade.
Avogado, xornalista, poeta, viaxeiro, home de empresa e vinculado a política. A personalidade multifacética de Valentin Paz-Andrade, empapada ao mesmo tempo de grande humanidade, estivera marcada por un único obxetivo: traballar por e para Galicia.
Esta é a descrición que de Paz-Andrade fai a súa páxina web (valentinpazandrade.es), que vén de presentarse recentemente.
Visitándoa poderedes acceder a unha gran cantidade de información sobre a súa figura: coñecer a súa biografía, a súa obra, contemplar unha abondosa colección fotográfica ou estar informado de tódolos eventos organizados ao seu redor.
E o ano que vén… Valentín Paz Andrade
Despois de tanta actividade ao redor da figura homenaxeada o Día das Letras Galegas deste ano, xa coñecemos o nome da que o protagonizará o ano que vén: será o escritor e político galeguista Valentín Paz Andrade.
Xa volo iremos presentando… :)
Comentarios recentes