Quero esa camiseta!
Algún día vos teremos que falar de Rei Zentolo, a empresa galega famosa polas súas camisetas, pero empezamos por lembrarvos a homenaxe que lle tributaron o ano pasado a Uxío Novoneyra a través deste marabilloso diseño, plasmado nunha camiseta que aínda podedes atopar á venda no seu sitio web.
DO COUREL A COMPOSTELA
Só tein os nosos nomes no censo,
Que astra a nosa suor sin alento se perde na terra.GALIZA, ¿será a miña xeración quen te salve?
¿Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas?
¡Non, a forza do noso amor non pode ser inútile!Uxío Novoneyra: Os eidos (1955)
Quero unha! ;)
2010
Esta semana celebramos no noso Colexio o Día das Letras Galegas 2011, adicado a Lois Pereiro. Pero… lembrades a que figura se lle adicou o ano pasado? A Uxío Novoneyra.
Lembrádelo?
LETANÍA DE GALICIA
GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hastr’os que calan din GALICIA
e saben sabemosGALICIA da door chora á forza
GALICIA da tristura triste á forza
GALICIA do silencio calada á forza
GALICIA da fame emigrante á forza
GALICIA vendada cega á forza
GALICIA tapeada xorda á forza
GALICIA atrelada queda á forzalibre pra servir libre pra servir
libre pra non ser libre pra non ser
libre pra morrer libre pra morrer
libre pra fuxir libre pra fuxirGALICIA labrega GALICIA nosa
GALICIA mariñeira GALICIA nosa
GALICIA obreira GALICIA nosa
GALICIA irmandiña
GALICIA viva indarecóllote da TERRA estás mui fonda
recóllote do PUEBLO estás n’il toda
recóllote da HISTORIA estás borrosarecóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda non marcou a malla d’argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousasabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousaUxío Novoneyra
Comentarios recentes