#ACanciónd10z
A andaina da Canción d10z xa comezou para o noso alumnado.
Rapazas e rapaces teñen ata o martes para emitir o seu voto, e vós… tamén. Se queredes participar na elección paralela que estamos levando a cabo en Twitter, só tedes que entrar no noso perfil nesa rede social e votar nas enquisas que temos en marcha para cada unha das eliminatorias.
1ª eliminatoria de dezaseisavos de final: Surfistas nazis, de @Familiacaamagno (https://t.co/sNqhkedqFM) Xardín interior, de Esposa (https://t.co/doUIHahBFd)?
— Xavedes! (@xavedes) November 13, 2019
2ª eliminatoria de dezaseisavos de final: Esta noite, de Narf e Manecas Costa (https://t.co/muIVfBxcIL) ou Non quero perderte, de @Eladioylosseres (https://t.co/Fjwhd0VyVZ)?
— Xavedes! (@xavedes) November 13, 2019
3ª eliminatoria de dezaseisavos de final: Abrindo camiño, de @punkskandalogz (https://t.co/0yF7z1IqWV) ou Rock do país, de @ruxeruxe (https://t.co/iJLKx4crVN)?
— Xavedes! (@xavedes) November 13, 2019
4ª eliminatoria de dezaseisavos de final: Non é verán de Estrella Damm, de @ezetaerre (https://t.co/ObpSiUj3Y7) ou Amor e sangue en Chiapas de Labregos do tempo dos Sputniks (https://t.co/DrFahjDxIR)?
— Xavedes! (@xavedes) November 13, 2019
Animádevos e participade vós tamén!
10.000 xavístedes!
Onte, o noso contador alcanzou a cifra de 10.000 visitas.
Ao mellor sonvos poucas, pero a nós parécennos unha barbaridade! E é que cando empezamos a nosa andaina na rede o 17 de xaneiro do ano pasado, non pensabamos ter chegado a tantos sitios nin coñecido a tanta xente.
Querémosvos dar as grazas a todos os que algunha vez vos pasástedes por aquí, fose para coñecer as novas do noso colexio, para repasar a actualidade da nosa lingua, para escoitar un pouco de música, para…
E lembrarvos que podedes interacturar con nós nas redes sociais. Os de Xavedes! estamos en Facebook,
en Latri.ca
e en Cabozo.
#PobosGalegosFamosos
Se vos pasástedes onte á noite por Twitter, poderíades comprobar a festa que había montada a conta do hashtag #PobosGalegosFamosos. Que de que ía a cousa? Pois de xogar cos topónimos galegos de xeito que, ao engadirlles unha grande dose de humor, convertilos en calquera outra cousa: personaxes famosos, grupos musicais, cidades do resto do mundo… Aínda podedes entrar e rebuscar entre os centos de tweets publicados (#PobosGalegosFamosos chegou a ser Trending Topic a nivel estatal), De seguro que botades unhas risas (e é que os hai moi bos). Nós deixámosvos cunha rápida selección, para que o comprobedes.
… e Verín Osborne, San Andreas de Teixido, Checoslaracha, Greta Arbo, Edgar Allan Poio, Redondelaware, Iker Caselas, Arcade Fire, Michael J. Foz, Sober y Ganar… XD
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro é TT en Twitter!
#prazapublica
#prazapublica é TT en Twitter!
#untwitporXornal
#untwitporXornal é TT en Twitter! O hashtag, que berra contra a desaparición de Xornal.com, leva horas situado entre os temas do momento en España.
Nós xa fixemos a nosa aportación:
E vós? Xa escribístedes #untwitporXornal?
#twitterengalego
Este fin de semana houbo movida en Twitter a conta de que esta rede social non só non conta entre os idiomas dispoñibles co catalán, o éuscaro ou o galego, senon que nin sequera tivo a ben incluílos na listaxe de linguas ás que traducila nun futuro próximo.
O hashtag #twitterencatalá, demandando Twitter neste idioma, pronto se fixo notar entre os temas do momento (xasabedes, os famosos Trending Topics), e #twitterengalego non se quedou atrás. Como exemplo, valla este chío de Julia Otero que une ambos os dous.
Pero, como conseguilo? Pois se sodes usuarios de Twitter e queredes que estea dispoñible no noso idioma, podedes apoiar esta petición ofrecéndovos como tradutores. Só tedes que encher o formulario que atoparedes na seguinte ligazón: https://spreadsheets.google.com/spreadsheet/viewform?formkey=dGNNMlNfWjRKaUFqLXQxQVlLbVhIWnc6MQ&ifq
Botades unha man?
Lois Pereiro
Lois Pereiro é TT en Twitter!
Tedes unha idea?
Seguimos repasando aquelas candidaturas aos Premios Mestre Mateo 2010 que teñen relación coa promoción da lingua galega. Hoxe é o turno de GalegoLab, que aspira ao premio de mellor obra interactiva.
Que é GalegoLab? Pois trátase dunha rede social de crowdsourcing (esperade, agora volo explico) que ten como obxectivo impulsar accións a prol da lingua galega. Como? Pois a través dunha páxina web (galegolab.org) e dos aportes dos seus usuarios. Iso é o crowdsourcing: a combinación do traballo e os recursos dunha colectividade a través dun sitio web e perseguindo un fin determinado.
Por exemplo: eu teño unha idea dirixida á promoción do galego. Por exemplo: que Twitter esté en galego, chegar aos 100.000 artigos en galego na Wikipedia, que o Deportivo e o Celta empreguen o galego nas súas comunicacións… Pois o que teño que facer é presentarlla á comunidade: explicala, enumerar o que se necesita para levala a cabo e os obxectivos que se pretenden acadar, como se debería desenvolver, fixar un prazo de execución e, finalmente, explicitar cal sería a miña aportación, posto que podo limitarme a propoñer a idea ou facerme cargo da mesma.
A partir deste punto, se GalegoLab o aproba e os usuarios a respaldan, a miña idea transformarase nun proxecto, abríndose un prazo de ata tres meses para conseguir os recursos (colaboradores, material, diñeiro…) necesarios para a súa realización.
Pasádevos por galegolab.org e botádelle un vistazo ás ideas que se están a valorar, aos proxectos nos que se pode colaborar e aos xa realizados.
E se tedes unha idea….
O Día das #palabrasgalegas
Se non tedes conta en Twitter ou estabades a outras cousas (o normal un sábado pola tarde), perdéstedesvos unha boa festa por conta da nosa lingua antonte.
Explícovos. Ao longo da semana pasada foron aparecendo entre os Temas do momento (os famosos Trending Topics) de Twitter varias etiquetas baixo as que xentes de distintas rexións españolas deixaban tweets (mensaxes, vaia) que contiñan vocabulario ou fraseoloxía da súa comunidade. Todo comezou coas #paraulesmallorquines, seguírono as #palabrasandaluzas e finalmente chegaron as #palabrasmurcianas. Un #palabrasgalegas non podía tardar.
E así foi. O venres pola mañá unha mensaxe de Rodolfo Irago, periodista da Cadena Ser e antigo xefe de informativos da emisora, dáballe o empuxón que lle facía falta ao tema. Tratábase deste tuit dirixido ao profesor da USC Antón Losada:
Dito e feito. A comunidade galega en Twitter lanzouse a comentar as súas palabras favoritas…
, as súas expresións preferidas…
, frases célebres…
Tuiteiros ilustres fixeron as súas aportacións. Escritores como Xabier P. DoCampo
, xornalistas como Xosé Manuel Pereiro
, xente do audiovisual como Pancho Casal…
Por certo, nós tamén deixamos a nosa pegada:
O furor foi tal que pronto #palabrasgalegas entrou na listaxe de Temas do momento a nivel español, acadando o primeiro posto pouco tempo despois. Somentes a chegada da Fórmula 1 a mañá do domingo foi quen de facela retroceder, se ben á tarde o lugar de privilexio volvía a estar ocupado polo idioma galego. E alí estivo case que todo o domingo: máis de 11.000 mensaxes procedentes de máis de 2.000 usuarios distintos. Máis aló da anécdota (que o é), un gran día para a nosa lingua, alomenos no que á súa presenza na rede se refire (agora só falta que Twitter estea dispoñible en galego).
Faltou un chisco para ser Trending Topic a nivel mundial, pero…
Visto a que se montou non é de extrañar que Roberto Sánchez, o director do marabilloso programa das madrugadas da Cadena Ser Si amanece nos vamos, chegue a propoñer
Subscribimos! ;)
#palabrasgalegas
#palabrasgalegas é TT en Twitter!
ガリシアをこよなく愛する日本人。
O pasado venres espertábamos con preocupantes novas chegadas dende o Xapón. O terremoto de 9 grados de magnitude e o posterior tsunami deixan a estas horas máis de 1600 mortes confirmadas (e o temor de que a cifra se achegue ata as 10000), cidades arrasadas e unha crise nuclear entre as mans. Vaia dende aquí a nosa solidariedade co pobo xaponés.
E co Xapón nas nosas mentes, queremos aproveitar para contarvos unha pequena historia que chegou ata nós grazas á cobertura informativa da catástrofe.
Masashi é o nome dun rapaz xaponés que estivo vivindo (e estudando) uns anos en Santiago de Compostela, e a pesar de que xa hai case tres que marchou, quedoulle desa experiencia un gran cariño pola nosa terra… e polo noso idioma. Dende febreiro de 2007, Masashi vén relatando no seu blogue Imos a Galicia!/Imos a Xapon! (blog.livedoor.jp/galicia) as súas vivencias dende que coñeceu Galicia; ao comezo en castelán (e en xaponés, claro) e, a medida que o vai descubrindo, tamén en galego. Unha lectura rápida lévanos a presenciar os seus encontros coa flora e coa fauna santiaguesa, así como os seus contactos coa nosa “boa lingua”.
Na paxina web de “Imos a Galicia!/Imos a Xapon!” quero introducirvos a cultura xaponesa aos galegos e a cultura galega aos xaponeses! O intercambio cultural construira unha boa relacion entre Galicia e Xapon. Podedes deixar comentario en galego, castelan, ingles ou xapones!
Por se isto fose pouco, Masashi é un dos autores dun libro sobre Galicia que se acaba de publicar no Xapón, no que el escribe sobre a historia e a política da nosa rexión.
Contábao hai uns días a través do seu perfil en Twitter. Nesta rede social escribe como o usuario @galiciaxapon e preséntase como Masashi (GZ+XP). “Eu son xapones! Gostame Galicia!! ガリシアをこよなく愛する日本人“ dinos a súa biografía.
Foi precisamente a súa actividade en Twitter a que fixo a este xaponés licenciado en dereito ser noticia durante esta fin de semana en Galicia. Masashi, que agora reside en Toquio, está vivindo en primeira persoa as consecuencias do terremoto do venres e estánolo contando a través de Twitter… en galego!
Así que xa sabedes, se queredes entender o que está a suceder en Xapón, @galiciaxapon explícavolo ben clariño. Nin que fose do mesmo barrio de Caranza!
Falar sen parar e dicindo cousas sen xeito
Esta é a definición da RAG do verbo latricar. Que a que ven isto? Pois veredes. Hai uns días informábamosvos de que o noso blogue está en Twitter, a rede social de mensaxes curtas que tanto está dando que falar nestes días. Pero Twitter ten certas carencias, e é que, ao contrario que outros sitios como Facebook ou WordPress (o servicio de aloxamento de blogues no que nos movemos), non está dispoñible en galego. Para subsanar estas deficiencias está latri.ca, a rede de microblogging (ou como lle chamen) en galego.
Latri.ca vén sendo un Twitter á galega, pensado para que persoas que falan galego ou se atopan na nosa terra se comuniquen a través de 200 caracteres (porque, din, os 160 de Twitter non nos chegan aos galegos ;)), aos que se lle poden sumar ligazóns, fotos, vídeos ou arquivos de calquer tipo.
E nós, que non queremos deixar de apoiar aquelas iniciativas que contribúen a dotar á lingua galega dunha maior presenza na rede, puxémonos mans á obra e xa temos perfil en latri.ca (latri.ca/Xavedes).
Animádesvos a latricar?
Comentarios recentes