Súmate ao galego (II)
Prometímosvos ir ensinando os carteis a prol do galego que deseñaron os nosos artistas de 1º de ESO. Este témolo colgado na porta dun dos corredores de primaria.
Que animalada! ;P
Súmate ao galego
Sabedes que neste blogue nos encanta traervos calquer nova relacionada coa lingua galega, que nos encanta falarvos de música, de novas tecnoloxías, botar unhas risas… pero nada nos gusta máis que ensinarvos o froito do traballo dos nosos alumnos.
Xa é tradición que cada curso os rapaces e rapazas do 1º ciclo da ESO deseñen un lema co que promover o uso do galego entre a comunidade educativa do Colexio Lestonnac. Ao igual que o ano pasado fora Énchete de galego, esta vez o elexido foi Súmate ao galego (Mario, arrasas).
Dado este primeiro paso, había que poñer rumbo á aula de Plástica (grazas de novo, Diego). Alí foi onde os rapaces de 1º de ESO elaboraron os carteis que dende a semana pasada animan aos que por aquí andamos (e a todo aquel que nos visita) a sumarnos, se non o temos feito xa, a esta lingua marabillosa.
E como queremos todo o mundo lembre que o galego só suma, nunca resta, iremos (ao igual que o fixemos o ano pasado) colgándovolos aquí tamén.
Comentarios recentes