Os premiados da AELG
Seguimos indo de premios. Hoxe trátase dos Premios AELG 2012, que se veñen de fallar na Cea das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Xa vos informamos no seu momento dos candidatos. Agora traémosvos os premiados nas distintas categorías:
– Narrativa: Laura no deserto, Antón Riveiro Coello, Galaxia
– Ensaio: Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, Mercedes Queixas Zas, Galaxia
– Poesía: Leopardo son, Pilar Pallarés, Espiral Maior
– Teatro: Chegamos despois a unha terra gris, Raúl Dans, Xerais
– Literatura Infanto-Xuvenil: Fantasmas de luz, Agustín Fernández Paz, Xerais
– Tradución: Sonetos de Shakespeare, Ramón Gutiérrez Izquierdo, Xerais
– Mellor Blog Literario: As crebas, Miro Villar
– Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2011: Bieito Iglesias
Premios AELG 2012
E se onte atendíamos ás recomendacións dos editores… como non imos atender ás dos escritores! Hai uns días coñecéronse os finalistas aos premios que anualmente concede a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, os Premios AELG 2012, que chegan xa á súa décimo terceira edición.
Así, para cada unha das 8 categorías a concurso, e como resultado dos votos dos 417 socios da AELG, saíron finalistas…
… no apartado de Narrativa:
- Extramunde, Xavier Queipo, Xerais
- Laura no deserto, Antón Riveiro Coello, Galaxia
- Non hai noite tan longa, Agustín F. Paz, Xerais
… no apartado de Ensaio:
- Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, Carlos Callón, Xerais
- Rosalía de Castro. Estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), Francisco Rodríguez, Asociación Socio-Pedagóxica Galega
- Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, Mercedes Queixas Zas, Galaxia
… no apartado de Poesía:
- balea2, Estevo Creus, Positivas
- Leopardo son, Pilar Pallarés, Espiral Maior
- Todas as mulleres que fun, Andrea Nunes Brións, Corsárias
… no apartado de Teatro:
- A función do tequila, Manuel Guede, Deputación da Coruña
- Chegamos despois a unha terra gris, Raúl Dans, Xerais
- Fábula galénica, Inácio Vilariño, Baía
… no de apartado de Literatura Infanto-Xuvenil:
- Fantasmas de luz, Agustín Fernández Paz, Xerais
- Noutra dimensión, Marica Campo, Galaxia
- O meu gato é un poeta, Fran Alonso, Xerais
… no apartado de Tradución:
- Os trobadores de Occitania, Darío Xohán Cabana, Edicións da Curuxa
- Sonetos de Shakespeare, Ramón Gutiérrez Izquierdo, Xerais
- Versos escollidos (de Wisława Szymborska), Lucía Caeiro, Positivas
… ao Mellor Blog Literario:
… á Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2011:
Para informarvos dos gañadores teremos que esperar ao 5 de maio, cando teña lugar a Cea das Letras, na que tamén se entregarán outros dous premios: o premio para a Institución que se caracterizase pola súa contribución á divulgación da literatura galega, que este ano será para os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino ( :) ) e os Servizos de Normalización dos concellos; e mais o Premio AELG 2012 “Escritor Galego Universal”, que este ano lle foi outorgado ao escritor e economista José Luis Sampedro.
A Noite da Edición
Nada nos gusta máis que recomendarvos unha boa lectura, e se son os propios editores os que nos propoñen o que para eles é o mellor do ano…
O pasado venres 9 celebrouse en Santiago de Compostela a VII Noite da Edición de Galicia, que organiza a Asociación Galega de Editores, e nela entregáronse os Premios da Edición correspondentes ao pasado ano 2011, así como o Premio Francisco Fernández del Riego, que foi para Xesús Couceiro e a librería da que é propietario (todo un emblema compostelá), por toda unha vida adicada á promoción do libro e a cultura galega.
E pensamos en traervos ata aquí a relación de premiados (por aquilo de dar ideas…).
– Premio Ánxel Casal ao Libro de ficción do ano 2011: Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz, editado por Edicións Xerais.
(o xurado concedeulle unha mención especial do xurado á unha obra destinada ao público xuvenil, Centauros do Norte, de Marcos Calveiro, destacando a súa calidade).
– Premio Ánxel Casal ao Libro de non ficción do ano 2011: Obra Gráfica de Conde Corbal (VV.AA.), editado por Nova Galicia Edicións (o xurado soliciou así mesmo que se lle concedera unha manción a O escano baleiro. No Caurel con Uxío Novoneyra, de Xulio Valcárcel, e a Loita de clases, a represión franquista no mar, de Dionisio Pereira)
– Premio Ánxel Casal ao Libro de poesía ou teatro do ano do ano 2011: Poesía completa, de Lois Pereiro, editado por Edicións Xerais.

(con sendas mencións especiais para O Apalpador e a castaña máxica e Canto de Nadal, de Charles Dickens)
– Premio Lois Tobío ao Libro traducido do ano 2011: Sonetos de Shakespeare, traducido por Ramón G. Izquierdo, editado por Edicións Xerais, “pola magnífica tradución e edición crítica e pola súa contribución ao enriquecemento do galego cunha obra universal e imprescindible”.
– Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado do ano 2011: Contos por teléfono, de Pablo Otero, editado por Kalandraka Editora.
(Lois Pereiro breve encontro, de Jacobo F. Serrano, do que xa vos falamos aquí hai uns meses, recibiu unha mención especial neste apartado).
– Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ó libro educativo do ano 2011: As mulleres en Galicia no século XX, de Jesús de Juana e outros, editado por Ir Indo.
(con mención expresa para Un cadro de Velázquez, de Claire D’Harcourt).
Así mesmo, o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano 2011, foi para Xavier Queipo, pola traxectoria da súa obra,
o Premio Rosalía de Castro á iniciativa editorial do ano 2011 para Transformacións de álbums ilustrados en series de animación audiovisual: Os contos do camiño e caracois e o Premio Edición Histórica 2012 ao XXV aniversario de Andavira Editora.
O xurado destacou a calidade de todos os finalistas e solicítalle á Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, que se merque un exemplar para cada unha das bibliotecas públicas pertencentes á rede de Bibliotecas de Galicia, así que… xa sabedes onde atopalos!
Comentarios recentes