Dezaseisavos de final: Sés ou Os Amigos dos Músicos?
Pop arraigado na tradición na 9ª eliminatoria de dezaseisavos.
Os anos 10 iniciáronse para María Xosé Silvar, Sés, coa publicación do seu primeiro traballo en solitario (aló polo 2011) e rematan coa cantautora coruñesa convertida nunha das máis grandes personalidades da escena musical galega. Aquí traemos unha peza dese primeiro álbum, Admirando a condición:
Non son fada
Sés
Admirando a condición (2011)
Os ourensáns Os Amigos dos Músicos tamén están a pechar en grande os anos dez, coa publicación do seu segundo larga duración, o marabilloso Segundo fogar. Tras moito meditar (a ver quen é capaz de quedarse con unha soa das pezas que compoñen calquera dos seus traballos), optamos por propoñervos este tema do seu primeiro disco:
Fóra do meu control
Os Amigos dos Músicos
Os amigos dos músicos (2016)
A Canción d10z! (3ª semana)
Xa temos gañadores das eliminatorias 5, 6, 7 e 8 de dezaseisavos de final. Desta vez non houbo acordo, posto que se ben Malandrómeda, Heredeiros da Crus e SonDaRúa pasan á seguinte rolda en ambos cadros, o 4º cruce ten distinto vencedor: Iván Ferreiro para o noso alumnado e Guadi Galego para os nosos seguidores en Twitter.
A continuación podedes ver, ademais de como quedan as nosas dúas eleccións, os artistas que subimos ao noso xogo esta 3ª semana:
Nestes 4 novos enfrontamentos de dezaseisavos haberá que elixir entre cancións de Sés, Os Amigos dos Músicos, Ataque Escampe, Chicharrón, Sabela, Berrogüetto, Esteban & Manuel e Caxade. Pronto as teredes no noso blog, pero xa podedes gozar delas na nosa lista de reproducción en Spotify.
Lembrade que non só o noso alumnado decide: vós tamén podedes facelo votando nas enquisas que xa temos en marcha en en Twitter!
A música que leva dentro o Galeoke Vol. 2
O ano pasado xa vos falamos do Galeoke, ese fantástico xogo de karaoke consistente en acumular o maior número de puntos posible mentres cantamos temas en galego de artistas da nosa terra. E hai un par de meses presentáramosvos a marabillosa ilustración que figura na portada do seu segundo volume, obra, coma a do primeiro, de Leandro. O que tiñamos pendente dende comezos de decembro, data na que se presentou ese segundo volume, era, ademais de avisarvos de que xa o podedes atopar nas tendas, traervos a listaxe de cancións que o compoñen, para que vos fagades unha idea aproximada da diversión que podedes atopar no seu interior.
21 temas do mellorciño da música na nosa lingua:
Radio Océano | Como o vento
Os Papaqueixos | O paraugas do José
Pilocha | O sancristán de Coimbra
Quempallou | En que terra me botaches
Heredeiros da Crus | Quero josar
Faltriqueira | Corpiño xeitoso
Blood Filloas | Superheroe
María Manuela | Manual do señorito (como non a atopei dispoñible na súa versión orixinal, aí vai interpretada por Xabier Díaz e Guillerme Fernández)
Nova Galega de Danza | Xota de Ribeira de Piquín (vía Spotify)
Chouteira | O ghai ghai
Sés | Admirando a condición
Pepe Vaamonde Grupo | Aires de Montillón
Emilio Rúa | Todo está por vir (vía Spotify)
Vaamonde, Lamas & Romero | Foliada de San Pedro de Visma
Leilía | Danza das Cortellas
Susana Seivane | Muiñeira de Alén (vía Spotify)
Os Carunchos | Galicia
Davide Salvado | Todo o corpo
Fía na Roca | Fía na roca
Saraibas | Ai, galeguiños! (Non dispoñible)
The Homens | Calamar
Desfrutádeos!
Comentarios recentes