Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “serán en galego

Serán en galego | Maio

Chega a última reunión de Serán en galego deste curso. Se formades parte da comunidade educativa do noso Colexio, xa sabedes que nos encantaría contar coa vosa compañía.

E, coma sempre, lembrade que se desexades vir xunto cos vosos fillos, temos preparadas actividades alternativas para eles.


Serán en galego | Abril

Estase indo o mes de abril e chega Serán en galego. Faino este xoves, así que dende aquí lles lembramos a tódolos membros da comunidade educativa do noso colexio que están convidados a acompañarnos.

Xa sabedes que se estades interesados en participar, podédesvos anotar na Secretaría do Centro e que se necesitades traer aos vosos fillos, temos programadas para eles actividades alternativas ao faladoiro principal.


Serán en galego | Marzo

Ao igual que en anteriores ocasións, este derradeiro xoves de mes celebraremos a correspondente reunión de Serán en galego e, ao igual que en anteriores ocasións, animamos a participar a tódolos membros da comunidade educativa do Colexio Lestonnac. Lembrade que se necesitades (ou simplemente desexades) traer aos vosos fillos, temos programadas para eles actividades alternativas ao faladoiro principal.

Xa sabedes que se estades interesados en participar, podédesvos anotar na Secretaría do Centro.


Serán en galego | Febreiro

A vindeira semana celebraremos a reunión de Serán en galego correspondente ao mes de febreiro, polo que dende aquí animamos a tódolos membros da comunidade educativa do noso Colexio a participar. Ademais da actividade principal, desta volta tamén temos programadas actividades alternativas para os vosos fillos (no caso de que desexedes achegarvos con eles).

Lembrade que se estades interesados en participar, podédesvos anotar na Secretaría do Centro.


Serán en galego

Por terceiro ano consecutivo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere compartir un tempo de lecer na nosa lingua a partir deste mes de xaneiro a través da actividade Serán en galego, dirixida a todas as persoas pertencentes á comunidade educativa interesadas en achegarse ao centro e participar xunto ao profesorado duns faladoiros de serán nos que o galego será a lingua vehicular. A finalidade desta actividade non é máis que a de facilitar un espazo no que alumnado, pais, nais e veciñanza se poidan comunicar en galego con normalidade. Deste xeito, quizais a nosa lingua chegue con máis facilidade ao ámbito familiar. Os temas a tratar nestas conversas serán consensuados cos participantes nas primeiras reunións: educación dos fillos, noticias dos xornais, televisión, a nosa cidade, o barrio… Entre os recursos materiais que utilizaremos nestes encontros haberá tamén un oco para as novas tecnoloxías.

Se estades interesados en participar na actividade Serán en galego proposta polo Colexio, podédesvos anotar na Secretaría do Centro.