Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “semana da ciencia en galego

A saúde, tamén en galego

Queremos rematar este primeiro trimestre do curso compartindo con vós o vídeo que elaboramos con motivo da Semana da Ciencia en galego este 2020, Ano Internacional da Saúde. E ese precisamente é o noso desexo para todos vós este Nadal: saúde. Coidádevos moito!


A Ciencia, tamén en…

Iniciamos a celebración do Día da Ciencia en Galego, que coma sempre transformamos na Semana da Ciencia en Galego no Lestonnac, compartindo o vídeo que dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, coa colaboración dos nenos e nenas do colexio, elaboramos para a ocasión.

A temática elixida conecta coa que escolleu a Institución Galega de Ciencia para este X Día da Ciencia en Galego, que xira ao redor da declaración de 2019 como Ano Internacional das Linguas Indíxenas. A nosa mensaxe: “A Ciencia, tamén en…”.

A ciencia, tamén nas linguas rexionais ou minoritarias. A ciencia, tamén en aragonés, asturiano, bretón, catalán, corso, éuscaro, frisón, gaélico escocés, galés, occitano, sardo, yiddish… Tamén en galego!

diadaciencia2019


A Táboa Periódica, tamén en galego

Hoxe, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac, queremos iniciar a celebración do Día da Ciencia en Galego e do que será a Semana da Ciencia en Galego no noso colexio compartindo un vídeo que elaboramos coa axuda de nenas e nenos de todos os cursos. Nel adiantámonos á celebración, o vindeiro ano 2019, do Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos, tal e como o proclamou a Organización das Nacións Unidas.

A Táboa Periódica… tamén en galego. Esperamos que vos guste!


A Física e a Química, tamén en galego

No Lestonnac estamos a celebrar a Semana da Ciencia en Galego, así que dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparamos, con axuda de nenos e nenas de todos os cursos, unha serie de vídeos sobre o uso do galego nas ciencias. Este é o primeiro, coa Física e a Química como protagonistas. Esperamos que vos guste.


Semana da Ciencia en Galego

semana-da-ciencia-en-galego-grande

O pasado 4 de novembro celebrouse o VII Día da Ciencia en Galego, adicado este ano á figura de Cruz Gallástegui Unamuno (aquí podedes descubrir o por que).

carteldcg1-2016

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quixemos facer a nosa pequena aportación a esta celebración, propoñéndolle ao profesorado das materias de ciencias o uso do galego como lingua vehicular durante a semana do 7 ao 11 de novembro.