Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “samaín

Concurso de cabazas Samaín 2022

Vai rematando o mes de outubro e chega… a festa do Samaín! Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio queremos seguir festexando esta fermosa tradición.

Este ano (por fin!) podemos recuperar a nosa habitual exposición de cabazas, así que nada nos gustaría más que, se vos é posible, participedes tallando, xunto cos vosos fillos e fillas de Educación Infantil e Primaria, as tradicionais caveiras desta festa. E como nos gusta que o voso traballo teña premio, convocaremos, como en anos anteriores, o noso Concurso de cabazas. Un xurado, composto polos membros do EDLG e o resto do profesorado, decidirá cal é a máis orixinal e creativa de todas. Podedes traelas a partir do martes 25 de outubro (dádevos présa se queredes que participen no concurso!). Seguro que nolo poñedes difícil para decidir a gañadora!


Exposición de cabazas Samaín 2021


Concurso de cabazas Samaín 2021

Co remate do mes de outubro chega… a festa do Samaín!, e dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio queremos seguir festexando esta fermosa tradición.

Aínda non nos é posible celebrar nas mesmas condicións que en anos anteriores o noso Concurso de cabazas, pero igualmente nos gustaría propoñerlles ás familias de Educación Infantil e Primaria que animen e axuden aos seus fillos/as a tallar a tradicional caveira. A exposición dos traballos non se realizará de xeito físico, pero si de modo virtual a través deste blog.

Como participar?

  • Tomade dúas fotografías da cabaza tallada: unha da caveira a concurso e outra na que saia o alumno/a ou a familia participante xunto con ela.
  • Enviade un correo electrónico coas 2 fotos á dirección dinamizacion@lestonnacferrol.com. Incluíde o nome do alumno/a participante e o seu curso.
  • A data límite para a recepción das vosas fotografías (lembrade que non se recibirán traballos no colexio!) será o martes 2 de novembro.
  • O xurado, composto polos membros do EDLG, valorará os traballos presentados a fin de premiar a máis orixinal e creativa.

Exposición de cabazas Samaín 2020


Concurso de cabazas Samaín 2020

Remata outubro, comeza novembro e chega a festa do Samaín. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio queremos seguir festexando esta fermosa tradición.

A situación actual impídenos celebrar o noso tradicional concurso de cabazas nas mesmas condicións que en anos anteriores, pero igualmente vos propoñemos que talledes, xunto cos vosos/as fillos/as de Educación Infantil e Primaria, unha caveira nunha cabaza. Non realizaremos a exposición física dos vosos traballos, pero si o faremos de modo virtual, a través deste blog.

Como participar?

  • Tomade dúas fotografías da cabaza tallada: unha da caveira a concurso e outra na que saia o alumno/a ou a familia participante xunto con ela.
  • Enviade un correo electrónico coas 2 fotos á dirección edlglestonnac@gmail.com. Incluíde o nome do alumno/a participante e o seu curso.
  • A data límite para a recepción das vosas fotografías (lembrade: non se recibirán traballos no colexio!) será o venres 30 de outubro.
  • O xurado composto polos membros do EDLG valorará os traballos presentados a fin de premiar á máis orixinal e creativa.

Animádevos a participar!


Cabazas Samaín 2016

Como en anos anteriores, no colexio imos celebrar un dos máis fermosos costumes da tradición galega: a festa do Samaín.

Gustaríanos que, aos que vos fose posible, participarades tallando, xunto cos vosos/as fillos/as de Educación Infantil e Primaria, caveiras coas cabazas que logo serán expostas no colexio. Como en anos anteriores, este ano farase un concurso coas cabazas presentadas coa finalidade de darlle un premio á cabaza máis orixinal de todas que elixirá un xurado seleccionado polo EDLG.

fullsizerender

Podédelas traer a partires de mañá martes 25 de outubro e ata o xoves e recolleranse o venres 28 de outubro.

Grazas pola vosa participación.

O Equipo de Dinamizacion da Lingua Galega.


Preeemiooos ilustraaadooos…

O venres tivemos festa no cole, así que se nos presentou a ocasión perfecta para anunciar os gañadores dos últimos certames organizados polo Equipo: o Concurso de cabazas do Samaín e o de Poemas Ilustrados.

Aquí tedes aos gañadores posando orgullosos (non é para menos) cos seus premios:

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA _DSC7972


De volta co Samaín

Como xa saberedes, o noso cole volveu celebrar o Samaín este ano. O venres 4 de novembro levouse a cabo a tradicional exposición de cabazas realizadas con diferentes materiais onde o tema foi libre.

Houbo moita dedicación por parte de cativos e familias á hora de elaborar as cabazas. Dende aquí animamos a todas as familias a seguir levando a cabo esta bonita actividade e agradecémoslles enormemente a súa participación.


Samaín: dende Cedeira a Galicia enteira

Avisámosvos con tempo, porque hai que ir buscando actividades para esta terrorífica ponte que nos vén encima. Terrorífica porque a noite do Samaín está á volta da esquina. E que mellor forma de celebralo que pasarse por Cedeira, alí onde a celebración celta do Samaín se recuperou e dende onde se extendeu a toda Galicia.

Ano tras ano, a Asociación de Amigos do Samaín achéganos un completo programa de actividades, que este ano se aglutinan en torno á data do 29 de outubro (sábado), para que todos (cantos máis mellor) poidamos desfrutar del. Xa imos pola vixésimo segunda edición!

PROGRAMA DA XXII FESTA DE SAMAIN

CEDEIRA 2011

O VENRES DÍA 28 DE OUTUBRO, ás 6 da tarde no paseo do Pinzón faremos o Fiadeiro das Castañas e Obradoiro de Caliveras, onde teremos zonchos preparados para que fagades os collares.
Ademais, a partir das 8 da tarde terá lugar, un espectáculo de circo, musica e humor a cargo do grupo Ringo Rango, espectáculo cómico ao límite do absurdo onde todos habemos pasar momentos ben divertidos.
E ás 10 da noite, no medio do río faremos o acto de inauguración do Samaín 2011, coa xa tradicional Queima da Cabaza.

SÁBADO 29 DE OUTUBRO – FESTA DE SAMAÍN
A partir das 5 da tarde, no Paseo do Pinzón, comezaremos a anotar os melóns para o Concurso Exposición, no que coma sempre, premiaranse aqueles que máis chamen a atención, polo seu tamaño, a súa orixinalidade, beleza natural, simpatía…

Os que queirades participar na Ginkana tamén vos podedes ir apuntando, finaliza para os máis “votados pa diante” cunha visita á Casa das Ánimas.

Obradoiro de Maqueado, a cargo de Fusa para deixarvos a cara “samainera”

Merendola de Outono, con bola de azucre e requeixo, son dous clásicos da festa que nesta ocasión non han de faltar.

Ao longo da tarde, teremos contacontos a cargo de Ni fú ni fá animación e actividades de animación con Anima Rúa

No lus con fus, a iso das oito e media, máis ou menos, sairá do Paseo a Pasarrúas das Pantasmas que con todas as luces apagadas percorrerá os currunchos máis escuros da vila, e se as pantasmas están de leria, levarannos por onde elas queiran. Deixádevos levar…e ao seu remate faremos a Entrega de Premios do Concurso Exposición, non quedando xa senón darnos entre todos o De Hoxe nun Ano e preguntarnos: ¿ Qué hai na praza? e contestarnos: ¡Papel de estraza! e así concluírmos: Cada un que se retire pra a súa casa.

MARTES 1 DE NOVEMBRO, ás 8 da tarde no auditorio municipal a función “Mackie, o Navallas” do grupo Bartoleta de Ferrol

Que me dicides? Véxovos na vila?