Premios AELG 2011
Xa sabedes que nos gusta estar ao tanto de calquer nova relacionada coa nosa lingua, e como o pasado sábado a Asociación de Escritores en Lingua Galega celebrou a súa Cea das Letras, na que deu a coñecer os galardoados cos Premios AELG 2011, pois hoxe traémosvos a relación de gañadores destes premios que recoñecen as mellores obras editadas (en diversas modalidades) durante o pasado ano.
Así, na categoría de narrativa o gañador foi Manuel Rivas pola súa obra Todo é silencio
, Estremas, de Ana Romaní, foi considerada a mellor obra poética
e, no campo da literatura infantil e xuvenil, o premiado foi Marcos Calveiro, pola súa obra O pintor do sombreiro de malvas (que xa se asomara polo noso blogue hai un tempo).
Tamén foron premiados a obra teatral Flores de Dunsinane, de Manuel Lourenzo
, o ensaio O clamor da rebeldía. Rosalía de castro: ensaio e feminismo, de Pilar García Negro
, e Marga do Val, pola tradución de Randea do alento (da nobel Herta Müller).
A Ramón Nicolás recoñecéuselle a Mellor Traxectoria en Xornalismo Cultural e o blog O levantador de minas, de Alfredo Ferreiro, foi nomeado Mellor Blog Literario. Ademais, a Asemblea de Socios e Socias da AELG premio á Fundación Penzol co premio Institución Cultural e o Premio Cervantes 2006 Antonio Gamoneda fou distinguido como Escritor Galego Universal.
E vos? Lestes xa a algún dos premiados? Pois a que esperades! ;)
Comentarios recentes