Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “primavera sound

Non queremos perdervos

Eladio y los seres queridos é un grupo vigués, liderado por Eladio Santos, que compón principalmente en castelán. Entón por que os traemos ata aquí? Porque o seu último disco, Están ustedes unidos, que veñen de presentar no Primavera Sound barcelonés, garda unha pequena xoia na nosa lingua: a adaptación ao galego do seu tema No quiero perderte, presente no seu anterior traballo.

Preguntado o mes pasado nunha entrevista en El Correo Gallego por se se trataba da súa particular homenaxe ao galego, Eladio Santos respondía:

É un pequeno xesto, pero en realidade era unha canción que xa tiña ese ritmo de pandeirada. Foi para un programa de televisión que quería que fixeramos algo diferente e cando llela enviamos aos produtores, daban por feito que a orixinal era en galego, e aínda souberon hai quince días de que era en castelán. Encántalles que sexa en galego, e aínda que algún amigo de aquí me dixo que lle gustaba máis en castelán, curiosamente, fóra isto non me pasa.

Deixámovola a continuación, nun vídeo realizado durante o seu paso polo recente Festival de Cans.

Non quero perderte
Eladio y los seres queridos
Fesival de Cans (2011)

Sei que hai un tolo moi dentro de min
Toléame sempre
O levo a rastras os días, as noites
E nunca obedece

Sei que hai un tolo moi dentro de min
É unha ameaza
Se o deixo solto ouvéalle aos coches
Non volta para a casa

Mellor será deixalo que quede
Non quero perdelo
Non quero perderte

Sei que hai un tolo moi dentro de min
Que canta cancións
E xa non sei se son eu ou foi el
Quen toma esta decisión

Nunca me deixa e só tira de min
Se quero durmir
No meu corpo pechado
Non ten medo a sufrir

Mellor será deixalo que quede
Non quero perdelo
Non quero perderte

Mellor será deixalo que quede

Podedes escoitala na versión do álbum aquí en Spotify e aquí en Grooveshark.