Portas aDentro 2018
Aquí tedes a nosa revista deste curso 2017/2018.
Podedes descargala facendo clic aquí.
Portas a Dentro 2012
Unha das cousas que nos quedou pendente a finais do curso pasado foi deixarvos o último número da nosa revista literaria Portas a Dentro (nas rúas dende o 22 de xuño) dispoñible para descarga . Se non lle puidéstedes botar unha ollada á versión en papel, aí vos vai a versión dixital, en PDF, a toda cor.
O noso agradecemento aos redactores, ao persoal de secretaría e a todos aqueles que, dunha ou outra maneira, colaborastes neste novo número.
Portas a Dentro… 2011!
Xa está nas vosas mans o último número da nosa revista literaria Portas a Dentro (e xa van, con este, vinte e un). Os rapaces e rapazas da ESO levaron hoxe para a casa, coas notas, os últimos exemplares. Así que, tanto se xa disfrutástedes da versión en papel coma se non, aí vai a versión dixital, en PDF, a toda cor.
O noso agradecemento aos redactores, ao persoal de secretaría e a todos aqueles que, dunha ou outra maneira, colaborastes neste novo número.
Portas a Dentro… 2010
Nestes días os membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac estamos a traballar nun novo número, que fará o 21, da nosa revista literaria Portas a Dentro. Aínda quedan uns días para que poidades disfrutar do mesmo, así que, para que vos entreteñades na espera, aquí vos deixamos o número anterior, editado no verán de 2010.
Pinchade aquí ou na imaxe superior para descargalo.
Comentarios recentes