Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “piti sanz

Amigos!

Marchamos de vacacións!

Iso si, marchamos con ritmo. Aproveitamos que hoxe Di Elas, o grupo de Luís Tosar e Piti Sanz (e Ro Muñoz, Iván Laxe e Suso Alonso), presenta o seu novo (e primeiro) disco en Pontevedra

para presentarvos Amigo, o tema en galego que pecha o álbum.

Amigo
Di Elas
Di Elas (2011)
Spotify

Andamos capeando, preguntando como foi e por que
Mirando cara atrás buscando algo que nos poida valer
E pides una máis e se non hai e cando empezas a crer
Que estaba todo visto que non queda moito máis que facer

Non mires cara atrás, eu digo
Eh, terás que camiñar conmigo
Eh, pra diante se mirar amigo
Eh, atrás non queda nada que ver

Os que eran xa non son, agora son os que antes eran demais,
Andaban afinando, esperando a súa vez pra cantar
Insistes en mirar e xa non hai amigo nada que ver
Os poucos que quedaban xa contaban coma os viran caerç

Non mires cara atrás, eu digo
Eh, terás que camiñar conmigo
Eh, pra diante se mirar amigo
Eh, atrás non queda nada que ver

Estamos molestando xa son horas de marchar

Andamos preguntando como foi e por que
Andamos procurando algo que aínda foi
E pides una máis e se non hai e cando empezas a crer
Que amigo, meu amigo, aquí non queda nada que ver

Non mires cara atrás, eu digo
Eh, terás que camiñar conmigo
Eh, pra diante se mirar amigo
Eh, atrás non queda nada que ver

Estamos molestando xa son horas de marchar

Eh, terás que camiñar conmigo
Eh, pra diante se mirar amigo
Eh, atrás non queda nada que ver

Que teñades unha boa Semana Santa! Ata o día 26!


Un cranio premiado

Tiña pensado ter escrito antes sobre a gala de entrega dos Premios María Casares 2011, pero fóronse coando outros temas e…

Os Premios María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, levan premiando dende 1997 aos profesionais do teatro galego nunha gala que soe celebrarse ao redor dunha data especialmente relevante: a do Día Mundial do Teatro (que por certo foi este pasado domingo).

Así, o pasado mércores 23 celebrouse no Teatro Rosalía de Castro da cidade da Coruña (cidade natal de María Casares, a célebre actriz galega que da nome aos premios) a gala correspondente á decimoquinta edición dos galardóns.

A presentación correu a cargo de Gonçalo Guerreiro e Pedro Brandariz, nos seus papeis do Doutor Crisè e o seu axudante Casemorro, acompañados dun monstruoso (nunca mellor dito) elenco de artistas.

A grande triunfadora foi Un cranio furado, de Produccións Teatrais Excéntricas (da que xa vos falamos no seu día) con catro premios: Mellor espectáculo, Mellor actor protagonista (Evaristo Calvo), Mellor actor secundario (Santi Romay) e Mellor escenografía.

Seguírona Life is a paripé, de Obras Públicas, e Trogloditas, de Taranxina Teatro, que marcharon con dous premios por cabeza. Super8, Volpone, Limpeza de sangue, Memorias das memorias dun neno labrego e O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca obtiveron igualmente cadanseu galardón.

E se por un casual vendo a relación das obras a concurso vos animades a acercarvos ao teatro máis cercano, aquí vos queda unha axenda (se se pode chamar así) coas datas nas que algunhas delas visitan a nosa comarca (se sabedes dalgunha máis, non dubidedes en chamarnos a atención).

  • Life is a paripé (Obras Públicas): 3 de Abril no Auditorio Municipal de Cedeira e 9 de Abril no Pazo da Cultura de Narón

  • Memoria de Helena e María (Teatro do Atlántico): 1 e 2 de Abril no Teatro Jofre de Ferrol
  • Un cranio furado (Produccións Teatrais Excéntricas): 27 e 28 de Maio no Teatro Jofre de Ferrol

Seguir lendo >>