Bonecas
Hoxe traémosvos unha recomendación teatral. O xoves que vén estréase en Narón a obra Bonecas, escrita e dirixida por Jose L. Prieto e protagonizada por Celia González e Paula Morado.
Clara e Rebeca.
Dúas irmás nunha habitación pasan o tempo oscilando entre a comedia e a traxedia.
Son vítimas inconscientes do perigo que corren.
Son bonecas rotas… pero elas non o saben.
A cita é ás 20:30 horas no Pazo da Cultura do concello naronés. E se non vos cadra ben… que saibades que tedes outra oportunidade o venres 14 á mesma hora.
11/09/2012 | Categorías: Axenda, Teatro | Tags: celia gonzález, jose prieto, paula morado, pazo da cultura de narón | Deixar un comentario
Un cranio premiado
Tiña pensado ter escrito antes sobre a gala de entrega dos Premios María Casares 2011, pero fóronse coando outros temas e…
Os Premios María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, levan premiando dende 1997 aos profesionais do teatro galego nunha gala que soe celebrarse ao redor dunha data especialmente relevante: a do Día Mundial do Teatro (que por certo foi este pasado domingo).
Así, o pasado mércores 23 celebrouse no Teatro Rosalía de Castro da cidade da Coruña (cidade natal de María Casares, a célebre actriz galega que da nome aos premios) a gala correspondente á decimoquinta edición dos galardóns.
A presentación correu a cargo de Gonçalo Guerreiro e Pedro Brandariz, nos seus papeis do Doutor Crisè e o seu axudante Casemorro, acompañados dun monstruoso (nunca mellor dito) elenco de artistas.
A grande triunfadora foi Un cranio furado, de Produccións Teatrais Excéntricas (da que xa vos falamos no seu día) con catro premios: Mellor espectáculo, Mellor actor protagonista (Evaristo Calvo), Mellor actor secundario (Santi Romay) e Mellor escenografía.
Seguírona Life is a paripé, de Obras Públicas, e Trogloditas, de Taranxina Teatro, que marcharon con dous premios por cabeza. Super8, Volpone, Limpeza de sangue, Memorias das memorias dun neno labrego e O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca obtiveron igualmente cadanseu galardón.
E se por un casual vendo a relación das obras a concurso vos animades a acercarvos ao teatro máis cercano, aquí vos queda unha axenda (se se pode chamar así) coas datas nas que algunhas delas visitan a nosa comarca (se sabedes dalgunha máis, non dubidedes en chamarnos a atención).
- Life is a paripé (Obras Públicas): 3 de Abril no Auditorio Municipal de Cedeira e 9 de Abril no Pazo da Cultura de Narón
- Memoria de Helena e María (Teatro do Atlántico): 1 e 2 de Abril no Teatro Jofre de Ferrol
- Un cranio furado (Produccións Teatrais Excéntricas): 27 e 28 de Maio no Teatro Jofre de Ferrol
29/03/2011 | Categorías: Actualidade, Teatro | Tags: a nona, aaag, as actas escuras, auditorio municipal de cedeira, avelino gonzález, baltasar patiño, carlos alonso, carlos mosquera "mos", casemorro, cándido pazó, césar goldi, día mundial do teatro, dolores centeno, dorotea bárcena, doutor crisè, evaristo calvo, gonçalo guerreiro, hugo torres, iolanda muiños, josé díaz, josé luis prieto, la canalla, life is a paripé, limpeza de sangue, lucía regueiro, maría barcala, maría casares, marcelino de santiago "kukas", marcos viéitez, marta pazos, marta ríos, martina cambeiro, memoria de helena e maría, memorias das memorias dun neno labrego, narf, o incerto señor don hamlet principe de dinamarca, obras públicas, pazo da cultura de narón, pedro brandariz, piti sanz, premios maría casares, premios maría casares 2011, produccións teatrais excéntricas, quico cadaval, roberto salgueiro, roberto vidal bolaño, rodrigo roel, rubén ruibal, santi romay, super8, suso díaz, taranxina teatro, teatro do atlántico, teatro jofre, teatro rosalía de castro, trogloditas, un cranio furado, víctor mosqueira, volpone, xúlio lago, xosé m. olveira "pico" | Deixar un comentario
Pasatempo: un banco, unha farola, un parque…
Apetécevos algo de teatro? A Escola de Formación de Actores e Actrices de Narón estrea hoxe o seu espectáculo de creación colectiva de 3º e 4º cursos Pasatempo. Dirixido por Pablo Sánchez e coa coordenación creativa de Jose Prieto, os creadores e intérpretes son Sabela Amado, Iria Ameneiros, Suso Barro, Felipe Carballido, Patricia Doce, Iván González, Cristina Moreira, Paula Morado e Chus Prieto.
Dende aquí desexámoslles moita sorte. A cita: ás oito e media da tarde no Pazo da Cultura de Narón.
03/03/2011 | Categorías: Axenda, Teatro | Tags: chus prieto, cristina moreira, escola de formación de actores e actrices de narón, felipe carballido, iria ameneiros, iván gonzález, jose prieto, pablo sánchez, pasatempo, patricia doce, paula morado, pazo da cultura de narón, sabela amado, suso barro | Deixar un comentario
Un cranio furado
Esta fin de semana comeza a xira 2011 dun dos estreos máis relevantes do ano pasado no que ao teatro galego se refire. Trátase de Un cranio furado, a última produción de Excéntricas, e cóllenos ben cerquiña, pois represéntase en Narón, no Pazo da Cultura.
21/01/2011 | Categorías: Axenda, Teatro | Tags: avelino gonzález, dorotea bárcena, evaristo calvo, martin mcdonagh, pazo da cultura de narón, quico cadaval, santi romay, teatro jofre, un cranio furado, víctor mosqueira | Deixar un comentario
Comentarios recentes