Dúas formas ben distintas de amor nesta 12ª eliminatoria 💔❤️
O namoramento e desengano con autotune de Esteban & Manuel…
Ela namoroume Esteban & Manuel La banda sonora de tu día a día (2017)
e o AMOR, con maíusculas e letra de Séchu Sende de Caxade.
E isto é o amor Caxade E isto é o amor (2016)
E entre as moitas razóns polas que nos namora este vídeo está o feito de que esté coprotagonizado por unha exalumna do noso colexio, Paula Morado. Como non vai ser isto amor! 😍
Este xoves tamén hai teatro en Narón. O colectivo Carrachanacacha (Aturuxo de Melpómene)trae ao auditorio do concello unha peza escrita e dirixida por Leandro Lamas: Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte).
O elenco actoral compóñeno Quique Vázquez, Lorena Montero, Paula Morado e Silvia Casal. A cita, este xoves 20 de Setembro ás 20:30 horas.
Hoxe traémosvos unha recomendación teatral. O xoves que vén estréase en Narón a obra Bonecas, escrita e dirixida por Jose L. Prieto e protagonizada por Celia González e Paula Morado.
Clara e Rebeca.
Dúas irmás nunha habitación pasan o tempo oscilando entre a comedia e a traxedia.
Son vítimas inconscientes do perigo que corren.
Son bonecas rotas… pero elas non o saben.
A cita é ás 20:30 horas no Pazo da Cultura do concello naronés. E se non vos cadra ben… que saibades que tedes outra oportunidade o venres 14 á mesma hora.
O vindeiro mércores 2 de maio, ás 20:30 horas, temos unha cita no Auditorio do Concello de Narón co alumnado 4º curso da Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores.
O motivo: a presentación de Contos de Castelao, unha selección de relatos do autor rianxeiro. Dirixida por Flor Maceiras e coas voces de Suso Barro, Paula Morado, Patricia Doce, Cristina Moreira, Iván González e Iria Ameneiros.
Apetécevos algo de teatro? A Escola de Formación de Actores e Actrices de Narón estrea hoxe o seu espectáculo de creación colectiva de 3º e 4º cursos Pasatempo. Dirixido por Pablo Sánchez e coa coordenación creativa de Jose Prieto, os creadores e intérpretes son Sabela Amado, Iria Ameneiros, Suso Barro, Felipe Carballido, Patricia Doce, Iván González, Cristina Moreira, Paula Morado e Chus Prieto.
Dende aquí desexámoslles moita sorte. A cita: ás oito e media da tarde no Pazo da Cultura de Narón.
Comentarios recentes