Aquí crúzanse dous grupos que ao longo destes anos foron converténdose en dous clásicos da nosa escena.
A comezos da década os Dakidarría lanzaban este Terra, un tema no que recorren media Galicia comezando polo Cabo de Ortegal, como podemos ver neste vídeo no que atoparedes a outros grandes da música en galego como Javi Maneiro dos Heredeiros da Crus, Xurxo Souto d’Os Diplomáticos de Montealto ou García MC, por aquela compoñente do grupo que vén a continuación.
Terra Dakidarría Utopías emergentes (2011)
Pioneiros do hip hop na nosa lingua son estes Dios Ke Te Crew que rematan a década con ánimos renovados publicando un novo álbum no que inclúen esta auténtica bomba sonora que é A catapulta. 💣
A catapulta Dios Ke Te Crew O ciclo da serpe (2019)
Que é o Galeoke? Pois o Galeoke é, como o seu propio nome indica, un xogo de karaoke. O obxectivo do xogo é acumular o maior número de puntos, puntos que obteremos se conseguimos cadrar a nosa voz co tono de voz da canción que esteamos a interpretar. É dicir, trátase dun xogo na liña do coñecido Singstar™ para Playstation®, se ben o software utilizado neste proxecto está feito en Software Libre.
Pero o que de verdade chama a nosa atención sobre este proxecto é que tódalas cancións que inclúe non só pertencen a artistas galegos, senón que ademais están, todas, compostas en galego.
O primeiro volume do Galeoke saiu á venda o pasado 21 de decembro portando unha heteroxénea selección musical no seu interior. Aí vos van os 16 temas que o conforman:
Os Diplomáticos de Montealto: “Nordés” (con Mercedes Peón)
O Galeoke Vol. 1 vén, ademais, cun código que nos dará acceso á descarga dunha serie de temas extra. E tranquilos, porque se botades en falta algún tema, o Colectivo Galeoke promete unha segunda entrega e ata (se a cousa funciona) unha terceira. Cantamos?
Xa iredes vendo que tamén gardamos un oco para a música neste blogue. E para inaugurar as emisións de Radio Xavedes! ;), sirva este tema no que Os Diplomáticos de Montealto renden tributo a Alexandre de Fisterra, inventor do futbolín.
Oda ó futbolín Os Diplomáticos
Inventa o futbolín, inventa a tralla brava
Alexandre de Fisterra, moito traballa
Ano trinta e sete, Guerra Civil,
Alexandre de Fisterra inventa o futbolín,
Inventa o futbolín, inventa a tralla brava
Alexandre de Fisterra moito traballa
Un impulso dende a fin do Mundo
Paixón de tasca contra a repugnancia
Vén con Alexandre, un bravo, un cachalote
Trouxo de Fisterra a paixón do deporte
A velas vir, a velas vir
A velas velas vir
Unha partida brava de futbolín!
Ei, ti, “hiper-brozas” metido na tasca
Vendo como avanza a graxa da fritanga
Sinte o noso toque, zoupa e resolve
Chega de Fisterra a paixón do deporte
Chámanlle “ferriños” no país do Deza
Chámanlle “ferriños” pola parte de Lalín
“Metegol” na Arxentina, “matraquinho” en Portugal,
Cambio e furonazo, máquina total!!!
A velas vir, a velas vir
A velas velas vir
Unha partida brava de futbolín!
Haiche moito tolo no teu vídeo-xogo
Haiche moito tolo no teu vídeo-xogo
Hai moito retolo no teu vídeo-xogo
Moito espedeólogo no vídeo-xogo
Revolución, revolución
Revolución
Estamos preparados para a revolución!!!
Revolta, revolta, volta e revolta,
Nós vivimos na revolta…
A velas vir, a velas vir
A velas velas vir
Unha partida brava de futbolín!
Esta canción formaba parte, a mediados da década dos 90, da banda sonora do programa infantil da TVGXabarín Club. Así que… que mellor punto de partida! A medio camiño entre o tempo dos rapaces e os recordos xuvenís de algún de nós (algún adulto por aí ao que lle viñera á cabeza a hora da merenda?).
Comentarios recentes