Dezaseisavos de final: Oh! Ayatollah ou SonDaRúa?
Dúas publicacións de 2018 para a nosa 7ª eliminatoria.
Os Oh! Ayatollah publicaron a comezos do ano pasado o seu agardado LP de debut, que leva por nome Volve a canción protesta e do que foi adianto esta canción homónima, á que acompaña un imprescindible videoclip. 🎄
Volve a canción protesta
Oh! Ayatollah
Volve a canción protesta (2018)
E para protesta a que recollen as letras do grupo de rap ponteareán SonDaRúa. Como mostra, o single que dá nome ao seu EP de 2018.
Liberando mentes
SonDaRúa
Liberando mentes (2018)
A Canción d10z! (2ª semana)
O noso alumnado vén de decidir cales son as cancións gañadoras das catro primeiras eliminatorias de dezaseisavos de final: Familia Caamagno, Eladio y Los Seres Queridos, Skandalo GZ e Ezetaerre son as bandas que pasan á seguinte rolda.
E houbo unanimidade, posto que as cancións gañadoras coinciden coas favoritas dos nosos seguidores en Twitter.
Sucederá o mesmo esta 2ª semana? No cadro podedes ver os artistas que entran en xogo, así como os resultados que vos acabamos de comentar:
4 novos cruces de dezaseisavos no que cancións de Baiuca, Malandrómeda, Heredeiros da Crus, NAO, Oh! Ayatollah, SonDaRúa, Guadi Galego e Iván Ferreiro se enfrontarán por facerse un oco nos oitavos de final. Irémosvolas presentando en sucesivos artigos.
O noso alumnado ten a palabra… e vós tamén. Animádevos a participar na nosa votación paralela en Twitter!
Comentarios recentes