Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)
Este xoves tamén hai teatro en Narón. O colectivo Carrachanacacha (Aturuxo de Melpómene) trae ao auditorio do concello unha peza escrita e dirixida por Leandro Lamas: Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte).
O elenco actoral compóñeno Quique Vázquez, Lorena Montero, Paula Morado e Silvia Casal. A cita, este xoves 20 de Setembro ás 20:30 horas.
O Café de Melpómene
Tedes plan para este domingo? Dicímolo porque ese día (18 de setembro) a Asociación Teatral “O Aturuxo de Melpómene” estrea, no Auditorio do Concello de Narón, a obra Café.
Dende aquí animámosvos a ir a vela.
Mirade que temos a unha ex-alumna do Lestonnac entre o elenco de actores! (como tiramos para casa, eh? ;) )
Comentarios recentes