Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “marie curie

Hoxe é o Día da Ciencia en Galego

Hoxe, 4 de novembro, celébrase o II Día da Ciencia en Galego, unha conmemoración organizada por tres asociacións de ensinantes da nosa comunidade: AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática), ENCIGA (Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia) e APETEGA (Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia).

Dado que este 2011 é, coincidindo co centenario da concesión do premio Nobel de Química a Marie Curie, o Ano Internacional da Química e dado que a científica polaca foi a primeira muller en recibir un destes premios (así como a primeira persoa en recibir dous), a celebración deste ano céntrase non só nesta disciplina, senón tamén no papel da muller na ciencia. Ademais de lembrar a figura de Marie Curie, neste II Día da Ciencia en Galego tamén se homenaxea a María Wonenburger, toda unha figura mundial das matemáticas que naceu en Oleiros hai 84 anos.

Se desexades máis información sobre este II Día da Ciencia en Galego, podédela atopar na páxina cienciaengalego.org.