Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “manuel maría

IV Concurso de Poemas Ilustrados

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac convoca a 4ª edición do Concurso de Poemas Ilustrados que esta vez estará dedicado a Manuel María. Deste xeito, o noso alumnado achegarase, a través da expresión plástica, á obra do poeta da Terra Chá. Podedes consultar as bases na seguinte ligazón.

Captura de pantalla 2016-11-15 a la(s) 10.50.09.png


Para pensar na paz

Aproveitando que hoxe celebramos no Colexio o Día da Paz, aquí vos deixo unhas bonitas frases (grandes verdades, abofé que sí) sobre o tema, acompañadas dunha doce música. Ambas invitan a pensar no marabilloso que sería vivir nun mundo no que celebrar a paz implicase non ter que pensar nas moitas outras desgracias, guerras e sufrimentos  que tanto nos fan botala en falta.