Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “lois pereiro. breve encontro. un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta

Breve encontro: Lois comiqueiro

Agardando a que chegue xuño para poder desfrutar de Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta na súa totalidade.

Polo momento, Xerais ofrécenos a posibilidade de adiantar a lectura dun dos capítulos desta novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano que se constitúe nunha das aproximacións máis orixinais de cantas levamos visto ao longo deste ano á figura do poeta monfortino.

“Sobrevoabas un día o meu espacio aéreo
rozándome coas plumas levemente
e desaparecías cun rumor minguante
como a visión dun soño
fracasado.”

Lois Pereiro, “(Breve encontro)”

Pinchade aquí ou nas imaxes inferiores para acceder ás 24 páxinas de adianto en formato pdf.