Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “letanía de galicia

2010

Esta semana celebramos no noso Colexio o Día das Letras Galegas 2011, adicado a Lois Pereiro. Pero… lembrades a que figura se lle adicou o ano pasado? A Uxío Novoneyra.

Lembrádelo?

LETANÍA DE GALICIA

GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hastr’os que calan din  GALICIA
e saben      sabemos

GALICIA da door   chora á forza
GALICIA da tristura    triste á forza
GALICIA do silencio  calada á forza
GALICIA da fame       emigrante á forza
GALICIA vendada     cega á forza
GALICIA tapeada   xorda á forza
GALICIA atrelada   queda á forza

libre pra servir   libre pra servir
libre pra non ser  libre pra non ser
libre pra morrer  libre pra morrer
libre pra fuxir   libre pra fuxir

GALICIA labrega  GALICIA nosa
GALICIA mariñeira  GALICIA nosa
GALICIA obreira  GALICIA nosa
GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda

recóllote da TERRA  estás mui fonda
recóllote do PUEBLO estás n’il toda
recóllote da HISTORIA estás borrosa

recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda non marcou a malla d’argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa

Uxío Novoneyra