Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “jorge mira

Crítica positiva: Premios da Crítica 2011

A cidade de Vigo acolleou o pasado sábado o acto de entrega da trixésimo cuarta edición dos Premios da Crítica Galicia.

Os premios abranguían este ano seis modalidades: o premio á Creación Literaria foi para Ana Romaní, polo seu poemario Estremas, o de Investigación para o físico Jorge Mira (si, o das cifras, si) como coordinador do traballo A importancia dá similitude interlingüística e ou bilingüismo equilibrado cando dúas línguas compiten, o de Música para o traballo da pioneira orquestra folk SonDeSeu, o de Iniciativas Culturais ao Proxecto Terra (unha iniciativa impulsada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), o de Artes Plásticas e Visuais a Ángela de la Cruz e, finalmente, o de Artes Escénicas e Audiovisuais á obra Citizen, do Grupo Chévere.

Daríamoslles a noraboa aos premiados, pero creo que é mellor darlles as GRAZAS!


Novas letras

Como presta rematar de comer, deitarse no sofá, prender o televisor… e poñer a galega para ver o Cifras e Letras!

Son máis de 5 anos dende que comezou a emitirse a versión galega deste concurso, baseado no francés Des chiffres et des lettres e que coñeceramos a comezos da década dos 90 cando comezou a emitirse en La 2 a versión española. 5 anos nos que o humorista, actor, músico… Paco Lodeiro (do que me declaro fan absoluto) vén conducindo o programa acompañado do físico Jorge Mira e da escritora Yolanda Castaño como expertos en cifras e en letras respectivamente.

Ata hai unha semana, posto que o pasado martes a tamén escritora María Canosa tomaba o relevo de Yolanda Castaño (que deixa o programa para centrarse na súa faceta literaria).

Así que temos novo equipo para as sobremesas da TVG.

Que dure!