Aquí crúzanse dous grupos que ao longo destes anos foron converténdose en dous clásicos da nosa escena.
A comezos da década os Dakidarría lanzaban este Terra, un tema no que recorren media Galicia comezando polo Cabo de Ortegal, como podemos ver neste vídeo no que atoparedes a outros grandes da música en galego como Javi Maneiro dos Heredeiros da Crus, Xurxo Souto d’Os Diplomáticos de Montealto ou García MC, por aquela compoñente do grupo que vén a continuación.
Terra Dakidarría Utopías emergentes (2011)
Pioneiros do hip hop na nosa lingua son estes Dios Ke Te Crew que rematan a década con ánimos renovados publicando un novo álbum no que inclúen esta auténtica bomba sonora que é A catapulta. 💣
A catapulta Dios Ke Te Crew O ciclo da serpe (2019)
Hai uns días, dando unha volta pola rede, atopeime con este vídeo no que Marcos Pereiro nos avisaba de que algo importante estaba a punto de suceder. “Xa me chegaron noticias de que… volven os máis jrandes.”
A incógnita despexouse durante o día de onte, no que soubemos que os máis jrandes aos que se refire esta orixinal campaña viral non son outros que os Heredeiros da Crus que, para celebrar os 20 anos que pasaron dende o seu debut, volven aos escenarios nunha xira que comezará o vindeiro 3 de marzo en Ordes e os levará por toda a xeografía galega.
Así o anunciaban onte nunha rolda de prensa os seus compoñentes: Fran Velo, Javi Maneiro, Tonhito de Poi e Tucho.
Volve un grupo que marcou toda unha época no rock galego durante a década dos 90. Moitos coñecímolos a través daquel inesquecible vídeo do Xabarín Club, ¡Pero que jallo é!, que hoxe nos serve para lembralos.
¡Pero que jallo é! Heredeiros da Crus A cantar con Xabarín VOL. I
Vivian todos xuntos nun jaliñeiro
jaliñas, cans, porcos e mais conexos
e tamén comian no vasieiro.
Pero o protajonista era un jalo
xa que fasia el un jran papelaso
tiña a todos aljareados.
Churras, churras, churras
Que jallo é!
Churras, churras, churras
Pero que jallo é!
Non era de pelea nin tampouco de jerra
era un deses jalos con moita cresta
cacarea jaliña, cacarea.
Os demás animais moi mosqueados
fixeron a maleta e foronse do ajro
ai, como canta este jalo!
Churras, churras, churras
Que jallo é!
Churras, churras, churras
Pero que jallo é!
Eche moito jalo, era Juan do ajro
vaia peiterasos que da o condenado
Comentarios recentes