A Canción d10z (Cuartos de final)
Nós xa temos cuartos de final!
As nosas rapazas e os nosos rapaces votaron hoxe as eliminatorias de oitavos (por aquí temos que ir un chisco máis rápido, que o ano remátano antes 😜), e decidiron que os seus cuartofinalistas sexan Familia Caamagno, Dios Ke Te Crew, Eladio y Los Seres Queridos, Heredeiros da Crus, Skandalo GZ, SonDaRúa, Ezetaerre e Iván Ferreiro.
Só quedan 8! Cal acabará sendo a nosa canción d10z?
A Canción d10z! (3ª semana)
Xa temos gañadores das eliminatorias 5, 6, 7 e 8 de dezaseisavos de final. Desta vez non houbo acordo, posto que se ben Malandrómeda, Heredeiros da Crus e SonDaRúa pasan á seguinte rolda en ambos cadros, o 4º cruce ten distinto vencedor: Iván Ferreiro para o noso alumnado e Guadi Galego para os nosos seguidores en Twitter.
A continuación podedes ver, ademais de como quedan as nosas dúas eleccións, os artistas que subimos ao noso xogo esta 3ª semana:
Nestes 4 novos enfrontamentos de dezaseisavos haberá que elixir entre cancións de Sés, Os Amigos dos Músicos, Ataque Escampe, Chicharrón, Sabela, Berrogüetto, Esteban & Manuel e Caxade. Pronto as teredes no noso blog, pero xa podedes gozar delas na nosa lista de reproducción en Spotify.
Lembrade que non só o noso alumnado decide: vós tamén podedes facelo votando nas enquisas que xa temos en marcha en en Twitter!
Dezaseisavos de final: Guadi Galego ou Iván Ferreiro
O mar bate contra esta 8ª eliminatoria. 🌊
O mar de Cedeira que nos trae unha das voces máis importantes da nosa música, a de Guadi Galego, nunha canción publicada por vez primeira no ano 2016 e da que vén de gravar unha nova versión acompañada precisamente do outro protagonista deste enfrontamento: Iván Ferreiro.
Cedeira
Guadi Galego
O mundo está parado (2016)
Un mar que tamén está presente na sintonía que o músico vigués compuxo para a cabeceira de Fariña, a serie de televisión que conta a historia do narcotráfico no noso país na década dos 80, e que logrou traspasar as fronteiras da pequena pantalla para convertirse en todo un himno na Galicia de comezos de 2018.
Fariña
Iván Ferreiro
Fariña Misturas (2018)
A Canción d10z! (2ª semana)
O noso alumnado vén de decidir cales son as cancións gañadoras das catro primeiras eliminatorias de dezaseisavos de final: Familia Caamagno, Eladio y Los Seres Queridos, Skandalo GZ e Ezetaerre son as bandas que pasan á seguinte rolda.
E houbo unanimidade, posto que as cancións gañadoras coinciden coas favoritas dos nosos seguidores en Twitter.
Sucederá o mesmo esta 2ª semana? No cadro podedes ver os artistas que entran en xogo, así como os resultados que vos acabamos de comentar:
4 novos cruces de dezaseisavos no que cancións de Baiuca, Malandrómeda, Heredeiros da Crus, NAO, Oh! Ayatollah, SonDaRúa, Guadi Galego e Iván Ferreiro se enfrontarán por facerse un oco nos oitavos de final. Irémosvolas presentando en sucesivos artigos.
O noso alumnado ten a palabra… e vós tamén. Animádevos a participar na nosa votación paralela en Twitter!
E a mellor canción en galego é…
E seguimos con música… Onte coñecemos o nome dos finalistas da XV Edición dos Premios da Música, premios que entrega tódolos anos a Academia das Artes e das Ciencias da Música. A representación galega exténdese ata varias das categorías principais, con varios artistas da nosa terra entre os nominados. Os vigueses Siniestro Total optan ao premio de Mellor Álbum de Rock co seu Country & Western, ao igual que os coruñeses Triángulo de Amor Bizarro e o seu Año Santo na categoría de Rock Alternativo e Iván Ferreiro na de Pop Alternativo con Picnic extraterrestre. Ademais, o álbum Solsticio de Luar na Lubre é candidato ao Mellor Álbum de Música Tradicional.
Pero hai unha categoría que nos interesa especialmente, a de Mellor Canción en Galego, cuxos finalistas son os seguintes:
- Alalá da noite de Berrogüetto Spotify
*
[N. do A.: a calidade do vídeo non é a óptima e encadean dous temas (Alalá da noite e Astrea), pero paga a pena]
- Quen me dera na casiña de Siniestro Total Spotify | Grooveshark
Que vos parecen as finalistas? Agora que as coñecedes… por que non nos dades a vosa opinión?
Comentarios recentes