Contos de Castelao
O vindeiro mércores 2 de maio, ás 20:30 horas, temos unha cita no Auditorio do Concello de Narón co alumnado 4º curso da Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores.
O motivo: a presentación de Contos de Castelao, unha selección de relatos do autor rianxeiro. Dirixida por Flor Maceiras e coas voces de Suso Barro, Paula Morado, Patricia Doce, Cristina Moreira, Iván González e Iria Ameneiros.
A entrada é libre, así que non tedes excusa.
30/04/2012 | Categorías: Axenda | Tags: auditorio do concello de narón, castelao, constos de castelao, crsitina moreira, escola de teatro de narón, flor maceiras, iria ameneiros, iván gonzález, patricia doce, paula morado, suso barro | Deixar un comentario
Pasatempo: un banco, unha farola, un parque…
Apetécevos algo de teatro? A Escola de Formación de Actores e Actrices de Narón estrea hoxe o seu espectáculo de creación colectiva de 3º e 4º cursos Pasatempo. Dirixido por Pablo Sánchez e coa coordenación creativa de Jose Prieto, os creadores e intérpretes son Sabela Amado, Iria Ameneiros, Suso Barro, Felipe Carballido, Patricia Doce, Iván González, Cristina Moreira, Paula Morado e Chus Prieto.
Dende aquí desexámoslles moita sorte. A cita: ás oito e media da tarde no Pazo da Cultura de Narón.
03/03/2011 | Categorías: Axenda, Teatro | Tags: chus prieto, cristina moreira, escola de formación de actores e actrices de narón, felipe carballido, iria ameneiros, iván gonzález, jose prieto, pablo sánchez, pasatempo, patricia doce, paula morado, pazo da cultura de narón, sabela amado, suso barro | Deixar un comentario
Comentarios recentes