Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “iphone

GalApps: a lingua galega metida nun móbil

Tiñamos pendente (ás veces imos adiando algo e…) algo importante: falarvos de GalApps.

De que se trata? Pois dun conxunto de aplicacións relacionadas coa lingua galega creadas polos enxeñeiros informáticos Xurxo Méndez e Juan Porta e pola deseñadora gráfica Sabela Barreiro. Son o conxugador de verbos en galego Conxugalego,

DicionarioGalego

e TradutorGalego.

Dende o 15 de decembro pasado, data que se lanzou a última dela, podíamolas atopar todas dispoñibles para para aqueles dispositivos móbiles movidos polo sistema operativo Android. A partir de hoxe (por iso non podiamos atrasalo máis) tamén as podedes atopar, dispoñibles para iPhone e iPad, na App Store de Apple.

Eu vounas descargar agora mesmiño!

 


Amiguiños si, pero o iPhoniño polo que vale

Xa tiñamos en mente falarvos de Refraneiro Galego, unha aplicación para o sistema operativo de Apple que dende a semana pasada se pode adquirir na Apple Store a un prezo de 0,79 €, pero como onte nos atopamos con que esta aplicación alcanzaba o segundo posto no Top 25 da tenda de Apple na súa categoría (Referencia), pois xa non podiamos adialo máis.

E en que consiste Refraneiro Galego? Pois trátase dunha completa colección de refráns e ditos populares da lingua galega.

Dispoñible (polo momento) para o iPhone, o iPad e o iPod, esta aplicación permítenos consultar, sen necesidade de estarmos conectados á internet, a súa base de datos, que contén cerca de 10.000! refráns.

Ademais, podemos realizar buscas por palabras, visualizar refráns ao chou ou pedirlle que nos descubra un novo cada día.

Que vos parece? Eu sei dun que non vai tardar moito en descargala! (e se non, sempre podedes visitar o seu sitio web, refraneirogalego.com, e desfrutar dunha versión reducida da mesma)