Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Artigos etiquetados “galicia hoxe

Nin Xornal nin .com

Vaia racha levamos! Hai uns días comentabamos como nos sorprendera en plenas vacacións a noticia do peche da edición impresa de Xornal de Galicia e animábamosvos a seguir visitando a súa edición dixital. Onte quedabamos coa boca aberta ao coñecer que Xornal.com tamén botará, en breve, o peche.

Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, Xornal.com… o dito: vaia racha levamos!


Malas novas

Hoxe soubemos que Galicia Hoxe sae mañá a rúa por derradeira vez. O único diario en galego bota o peche, así que… nunca mellor dito: malas novas.

O primeiro número de Galicia Hoxe publicouse o 17 de Maio (Día das Letras Galegas) de 2003, pero o seu verdadeiro xerme debemos situalo o 6 de Xaneiro de 1994, cando saíu por primeira vez á rúa O Correo Galego, cabeceira da que era herdeira directa.

A nova está a xerar unha gran cantidade de reaccións, especialmente na rede (no momento de escribir estas liñas Galicia Hoxe é Trending Topic en Twitter), lugar onde (ese é o único consolo que nos queda) Galicia Hoxe seguirá sendo fiel a súa cita coa información do noso país a través do sitio www.galiciahoxe.com.